Presentando o traballo feito. Este lazo está presente nunha das ventás da aula.
lunes, 26 de noviembre de 2018
Nón á violencia de xénero!!!
O 25 de novembro celebramos o Dia da Non Violencia de Xénero. Estivemos traallando para a elaboración dun lazo que recolle frases contra a violencia e mostramos o rexeitamento de calquer tipo de violencia de xénero.
Presentando o traballo feito. Este lazo está presente nunha das ventás da aula.
Presentando o traballo feito. Este lazo está presente nunha das ventás da aula.
sábado, 10 de noviembre de 2018
O Magosto
- Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
Polo San Martiño, celebramos o Magosto no noso patio, con moitas actividades e coa degustación de ricas castañas asadas no patio polos profes.Pero tamén traballamos contidos propios desta data.
Os alumnos, por grupos estivemos traballando sobre os diversos tipos de castañas, sobre a súa producción e comercialización, sobre os castiñeiros, refraneiros, ditos e vocabularoio propio deste tema.
Deixámos eiquí unha escolma do que fixemos e como traballamos.
Recollemos algúns refráns sobre o "Castañal" e o que rodea o Magosto.
- A castaña que está no camiño é do veciño.
- A castaña quere en agosto arder e en setembro beber.
- As castañas están caendo e estanse facendo.
- Castañas no Nadal, saben ben e pártense mal.
- Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
- Non quero pereira, quero castiñeiros para ter castañas o ano enteiro.
- O que non sabe de mañas, non come castañas.
Pero tamén se escoitan cantigas....
- A castaña no ourizo,/ quixo rir e regañou,/ caeu do castiñeiro abaixo,/ vaia tombo que levou.
- As castañas son castañas,/ os orizos son orizos,/ os ollos da túa cara/ para min son dous feitizos
- Non chas quero, non chas quero,/ castañas do teu magosto;/ non chas quero, non chas quero,/ que me cheiran a chamosco.
- Señora María,/ Señor Manoel,/ castañas asadas/ e viño con mel
A calidade dos traballos foi moi alta.....
E posto que este curso traballamos aspectos do cine, tuneamos unhas poucas castañas con motivos cinematográficos. Esto foi o que resultou:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)