lunes, 30 de marzo de 2020

Materiais para complementar ou reforzar

Deixovos aquí un enlace  a unha das  editoriais que   pon a disposición do alumnado  varias actividades de Lengua e Matemáticas ás que podedes acceder para complementar o que xa estades estudando ou ampliar.

Exercicios da Editorial Calesa propios para  alumnado de Sexto. Clica aquí.

Se se quere repasar aspectos como a ortografía ou os  signos de puntuación, deixovos tamén o enlace xeral a  contidos de todos os niveis:

La calesa todos os niveis.

Páxinas para reforzo:
Lengua:

http://reglasdeortografia.com/testcomprension.html

Lingua:

http://replgalega5.webcindario.com/menu_general.htm


Matemáticas:

https://es.ixl.com/math/6-primaria


Máis informacón:  Clica aquí.




Tarefas de Galego e de Lengua

Imos traballar uns días nos dosieres dos verbos de Lengua e de  Galego.

Temos que  estudar os verbos e facer exercicios para  aprender os diferentes modos e tempos verbais.



GALEGO
Imos traballar no Dosier  de verbos

Estudar  os verbos e  facer os exercicios 3, 5, 7, 9 e 11.

Para os que non tedes este dosier na casa, podedes consultalo  no Drive, na carpeta ESTUDAR NA CASA.

LENGUA CASTELLANA

No dosier de verbos, estudar todos os verbos e facer os exercicios 10, 11, 12  e 13.

Como igual algúns non tedes o dosier na casa, podedes consultalo no Drive,na Carpeta ESTUDAR NA CASA.

viernes, 27 de marzo de 2020

Terceiro periodo de tarefas.

Viernes, 27 de marzo de 2020.


Bueno, imos inciciar o terceiro ciclo de confinamento, e  de tarefas......

Imos empezar novos  temas  en todas a áreas, así que atentos aos videos... e

Tema 9 Matemáticas: A MEDIDA.: Deixovos un  par de videos explicativos.... pero  irei subindo mais ao longo da semana que ven, sobre as outras partes do tema.


Explicacións de Xosé. Video 1.

Video de Xosé explicando cómo pasamos á mesma medida.



 Video máis amplo.

Tarefas:

Paxina 133 do libro, Apartado ¿Que sabes ya?: Copiar no caderno a escala cos tres tipos de medidas.
 Facer o exercicio 1.

 Páxina 134,  Exercicio 1. Facedes  solo  as primeiras filas de cada cadro.
 Neste exercicio acordádevos que tedes que pasar todo á  medida indicada e despois sumar as cantidades.

Páxina 135, Facer os problemas: 4.1, 4.2, 4.3 e o último do exercicio 4.




Explicacións sobre a voz activa/pasiva

Lengua: La voz activa/pasiva

Deixovos aquí dous videos  que explican  como pasaríamos da voz activa nunha oración á voz pasiva.

Video de xosé.

Video máis amplo.

Exemplos:


Activa:                                                              Pasiva:
El director convocó la reunión----------------La reunión fue convocada por el director.

El alcalde ha entregado el premio-------------El premio ha sido entregado por el alcalde.

Lo que  está en la oración activa  como CD, pasa a sujeto en  la oración pasiva.


Tarefas. As tarefas que tedes que facer están no libro esencial de Lengua. Exercicios 52 e 53 da páxina 42.


jueves, 26 de marzo de 2020

Algunhas tarefas de Ciencias

 TAREFAS DE REFORZO DE SOCIAIS E NATURAIS

Pequen@s, deixovos a continuación algunhas tarefas de Naturais e Sociais, que podedes facer se rematastes os traballos e as demais tarefas postas. 

Se clicades en cada asignatura iredes ao enderezo onde están aloxadas.

Tedes dúas opcións, imprimir os PDF, ou ben descargar o documento de word e  rellenades no ordenador e gardádelo vós. 

 Non tedes que   remitir estas tarefas nin subilas ó drive.

NATURAIS                                                    SOCIAIS






miércoles, 25 de marzo de 2020

Datos en tempo real

Pequen@s, deixovos  aquí un enlace para que  vexades en tempo real (según van  incluíndo os datos os países), como vai  a evolución do COVID-19, en todo o mundo.

Pinchade aqui.



A situación actual é complicada, pero  estar ao corrente da información é  algo moi importante.

Lembrade  as indicacións que  nos deron as autoridades....vós fostes dos primeiros en estudiar esto asi que estades ó tanto.

Ánimo, que  xuntos e con sentidiño imos vencer a este bicho que nin siquiera é un ser vivo.





NOVAS TAREFAS DE LENGUA E MATEMÁTICAS

Como vexo que  algúns  xa  rematastes as tarefas que puxen o luns, deixovos aquí  algunhas instruccións máis.


Tarefas para realizar nas libretas de Lengua e de  Matemáticas.


MATEMÁTICAS. LIBRO ESENCIAL

a) Repasar  os conceptos  de  proporcións, porcentaxes e escalas,  Páxina 36

b) Facer os exercicios 75, 76, 77, 78, 79 e 80 da páxina 37.

LENGUA CASTELLANA. LIBRO ESENCIAL.

a) Estudiar a teoría dos predicados e os complementos, que aparecen nas páxinas 30, 31 3 32.

b) Facer os exercicios seguintes:

Páxina 40. Exercicios 38,39,40,41,e 42

Páxina 41. Exercicios: 43,44,45,46 e 47

Páxina 42. Exercicios: 78,49,50,52 e 53



lunes, 23 de marzo de 2020

Outras posibilidades para aprender....

Hoxe  aínda que estemos nas nosas casas, afortunadamente  estamos CONECTAD@S  e  temos acceso a moita información e a moitos canales que nos ofrecen oportunidades para aprender cousas.
Pero tamén temos  que ser responsables no uso das redes,  e xa sabedes que debemos ser precavidos nestes sentido.

Esta semana,  desde  o Canal de  TV, Clan,  estanse a  dar unhas clasess online tódalas mañás, dentro dun proxecto de colaboración co  Ministerio de Educación.  Se tedes un momento,  pode ser interesante seguilas porque nalgúns casos repasaránse  conceptos e noutros casos, poden servir de explicación para cousas novas. Deixovos un horario de emisión.

Tamén vos  deixo a continuación uns enlaces  a páxinas onde podedes facer  on line, exercicios de   Matemáticas, por si  rematades as tarefas que  vos  poñemos  e queredes  ampliar ou repasar.


  Matemáticas, pincha aquí.     https://es.ixl.com/math/6-primaria



Ánimo pequen@s

Bos días  pequen@s,  ánimo que  estamos no bo camiño.  Xa   sei que nos botades de menos, que estos días  son  un pouco difíciles para  vós e para nós, pero  temos que seguir  con estas accións porque  é  a mellor forma para vencer ao virus.  Xa sei que é difícil  ver como  os vosos pais  se  van a  traballar,  que vós tedes que quedar na casa, que  hai moita incertidumbre, pero tamén estou seguro de que todos, cada un coas pequeniñas accións que podemos facer,  imos  a darlle a volta a esta situación e pronto  volveremos ás aulas, e imos volver máis fortes  aínda.  Ánimo.!!!!

 

Pinchade aquí para ver o video.

Deixovos outro video máis  longo.

 

 


TAREFAS 23 de marzo de 2020

Superada a primeira semana, e  a punto de que  me acabedes de enviar os vosos traballos de Sociais e Naturais, deixovos  aquí  algunhas  tarefas de Matemáticas e Língua  para estos días.  Como  sei  que  sodes moi aplicados,  segundo vaiades rematando, idesmo comunicando no correo electrónico, para que  vos  envíe algo máis.

As dúas últimas tarefas de Matemáticas son voluntarias. En todo caso, os que  rematen as outras poden facelas. Son de ampliación.











viernes, 20 de marzo de 2020

Seguimos a aprender desde a casa

 

 INFORMACIÓNS SOBRE TAREFAS

Como todos estes días temos que  quedar na casa, pois teremos que aproveitar o tempo ao máximo para  aprender,  facer cousas e disfrutar da familia....

Deixovos un enlace a unha proposta de actividades para facer  durante o tempo que nos dure este confinamento, que tamén tedes na páxina web do colexio.

 Pincha  en:  #QuedaEnCasa

 

Sobre  as tarefas que tedes que  rematar, acordádevos de  subir ao Drive os traballiños  de Naturais e Sociais, ou enviádelos por  correo electrónico ao correo da clase.

O luns deixareivos  máis  exercicios de Matemáticas e de Lingua. 


martes, 17 de marzo de 2020

Seguimento do periodo sen clases

 

Pequenos e  pequenas,  

 

Estamos vivindo un momento histórico que  ningún de nós viviu ate  o momento. Vós   sodes conscientes  da situación que  se produce  a consecuencia da aparición do COVID-19  e dos seus efectos, porque  fixestes un gran traballo investigando sobre  elo.  

 

De  golpe  cambiou a nosa forma de  vida diara, vémonos obrigados a non poder asistir a clase, a  quedar confinados nos nosos domicilios, a saír o indespensable,  para  evitar ou cando menos  diminuír as posibilidades de contagio.

 

Ben,  pois  todo isto tamén  o temos que  utilizar para aprender, para  facer un seguimento da situación, para  ver cómo nos sentimos e  cómo imos superando ésto cada día;  e  sería moi importante documentalo todo, e  gardar  dalgunha maneira esta experiencia que nos toca vivir. Hoxe temos moitas ferramentas para  poder deixar constancia de cómo experimentamos esta situación de confinamento.

 

Para elo  os profes pedimosvos que  deixedes constancia de cómo  vivides  estes momentos, recollendoo  nun pequeniño diario,  que pode  ser  escrito ou gravado  nun  audio.  Podedes gravar un pequeniño audio cada día, moi breve.

 

Tal e como vos  conto no video que  vos  deixo  neste enlace, pedímosvos que  gravedes un pequeno audio cada día, onde deixedes constancia  do que facedes, de como estructurades o tempo de estudo e de descanso, como se vive esta situación dentro do entorno, dificultades, estados de ánimo, colaboracións, anécdotas, etc.; todo aquilo que  vós consideredes que  debedes rexistrar.

 

Como no Colexio temos o proxecto de Radio na Escola, ésto poderíanos incorporalo despois ao proxecto, xa que é unha experiencia máis e moi importante. Así, xuntándoos todos, teríamos unha  biblio-audio-contos.

 

 Se  queredes, podedes ir subindo  os  audios que  gravedes, tipo podcast , ao DRIVE, gardádelo na carpeta PODCAST CASA. Así estas experiencias contadas, iremos  incorporándoas ao proxecto de RAdio na Escola,  e despois todos poderemos compartilo.

 

Os que optedes por rexistralo por escrito, facedes un pequeno diario  que  cada un poderá ler voluntariamente no retorno ás aulas.  Prucurade  aplicar todas aquelas normas ortográficas, de puntuación e de expresión que  tedes aprendido.

 


Instruccións e tarefas de Inglés

Instruccións  da profe de Inglés.




English 6 EP
Ola nenas e nenos,
Ademáis das fichas que  iredes facendo en Liveworksheets.com  tamén  podedes acceder á páxina de recursos no blogue de aula:
SKILLS BLOG – Recursos para 6º
A medida que vaiades facendo as actividades  (elixiredes duas ou  tres diariamente para repasar os temas que levamos dado ),  podedes enviarmas ou, se non é posible, facer unha copia da pantalla e enviarma coma unha foto.
Se tendes algunha dúbida,  consultádeme, please!
O novo correo para comunicarvos comigo é:
Eu  poñereime en contacto convosco a través do correo

Teacher
Carmen
 

lunes, 16 de marzo de 2020

Información esencial sobre CD e CI


Complemento Directo e Indirecto


 Deixovos  aquí uns enlaces  a videos que  explican moi ben os CD e CI e  que  complementan a información que vos deixei  nas tarefas.

Picade no enlace de cada un.



Videos explicativos sobre os complementos verbais.


Como reconocer el CD en una oración


Como reconocer el CI en una oración.


Como diferenciar el CD del CI


Mapas conceptuais:


Novas de Inglés

Pequen@s,
A profe de Inglés, deixouvos  un recado no correo electrónico sobre  as actividades para estes días, que eu vos deixo  aquí no blog por si alguén non pode acceder ao correo do grupo.

Hi kids,
I´m going to send you  the activities that you should do during this week.
You can scan or take a photo when you finish and I will review them.
Those who do not have an email address can send them to me from their parents'.
I have changed the address so as not to collapse the library mail. 
The new email is:

-------
Ola nenxs,
Vou enviar  as actividades que faredes durante esta semana.
Podedes enviarmas coma un documento adxunto, escanealas ou facerlles unha foto . Eu revisareinas e direivos se hai algo que corrixir.
 Xs que non teñades correo, podedes empregar o dos vosos pais.
 Cambiei a direción para que non se colapsara o correo da biblio.


Indicacións para o estudo na casa.


Indicacións  para  a realización de tarefas  durante  este período  sen clases.

6º de Primaria.

Alumn@s de 6º:


Ao longo deste días que  tedes que quedar nas vosas casas, mentres non  volve haber clase, ides ter tempo para  facer moitas cousas, pero non podedes perder o ritmo de estudo que  viñades mantendo.
É importante  que  manteñades unhas rutinas cada día, moi  similares   a se estiverades  no colexio. Debedes marcarvos  un horario para cada día, e  erguerse á mesma  hora, non cando a un lle apeteza.... senón aproveitar o tempo. 
*   A primeira hora podedes repasar as instruccións que vos vaia poñendo no blog ou no correo, estudiar os apuntes e  facer  exercicios.
*   Despois podedes facer un pequeno descanso.
*   Logo  retomades as tarefas ate a hora de comer.
*   E non vos olvidedes de  ler unha hora cada día.
Outra recomendación que vos fago é  que  fagades un planing para cada día e anotedes o que  facedes,  unha especie de axenda onde apuntedes o que  estudiades cada día, e por  asignaturas.
É importante  facer as tarefas, pero  tamén é moi importante  estudar  tódolos días e de forma planificada.
 Debemos aproveitar o tempo para  ler, para estudar, para xogar, para investigar, etc. ,  ides ter tempo para todo pero teredes que adicar  alomenos unha hora diaria á lectura. 
Seguro que  en casa  tedes algún libro de lectura, de aventuras, algunha novela adaptada,.... ou mesmo ler nos  libros de sociais, especialmente  os temas de historia.
Eu ireivos colocando  no DRIVE, nunha carpeta que  terá de nome: Estudar na casa, as tarefas que  teñades que facer.
Tanto no blog coma no DRIVE, ireivos colocando cada semana as tarefas a facer durante a mesma,  en cada unha das  áreas.
No blog tamén hai unha pestana que  ten ese nome e ahí colocarei as tarefas e explicacións.:

Estas tarefas  que se  realicen  na casa durante este tempo, revisaranse e valorararémolas  á  volta  ás clases, e  teranse en conta para a terceira avaliación.

Toén, 16 de  marzo de  2020.

sábado, 14 de marzo de 2020

miércoles, 11 de marzo de 2020

Estudiamos o Coronavirus

Estes días  estivemos traballando  sobre  o COVID-19,  o famoso coronavirus que  xa lema  máis de  100.000 persoas infectadas en todo o mundo e que está  producir unha psicose terrible na poboación..

Deixámosvos aquí algúns un enlace aos traballos que fixemos e presentamos na claes...



martes, 10 de marzo de 2020

Celebramos o día Internacional da Muller

Ainda que  hai dous  foi o Día Internacional da Muller,  nós celebrámolo hoxe, e  estivemos  preparando diferentes  esculturas  con materiais reciclados onde colocamos  datos  de mulleres galegas importantes  en diversos eidos: cultura, deporte, ciencia, artes, ......

 

 

lunes, 9 de marzo de 2020

Estudiamos Europa



OS  CLIMAS DE EUROPA



Temperaturas
Precipitacións
Localización
Vexetación

OCEÁNICO

Suaves todo o ano. Invernos e veráns suaves
Constantes aínda que no verán diminúen
Noroeste do continente.
No Oeste de Europa, encontramos árbores caducifolias (carballos, faias,..)
Na  costa destaca a landa, arbustos e matogueiras.
CONTINENTAL

Temperatura extremas. Moito frío nos longos invernos e moito calor nos curtos veráns.
Escasas.
Máis habituais en primavera e outono
Centro-Europa e  maioritariamente en Rusia
No centro e leste de Europa, praderías e estepas.
 No norte a taiga, con bosques de piñeiros e abetos.
MEDITERRÁNEO

Invernos suaves e  veráns cálidos
Escasas e irregulares
En ocasións son torrenciais
Sureste de España, Sur de Francia, Italia, Balcanes, Grecia,…

No sur do continente, matogueiras, arbustos, árbores de folla perenne (aciñeira, sobreira e piñeiro)
POLAR

Temperaturas baixas todo o ano. Extremas en frío.
Moi escasas e  en forma de neve
Norte dos países escandinavos, Islandia e  a Siberia rusa.
Predomina a tundra: musgos e  líquens.
Ausencia de árbores.
ALTA MONTAÑA

Invernos fríos e veráns frescos
Neve no inverno e  chuvia no verán.
Frecuentes trebodas
Sistemas montañosos: Zonas Pirineos, Alpes, Cáucaso, Montes Escandinavos, Urales.
Bosques  sobre todo de abetos e prados extensos.

SUBTROPICAL

Suaves todo o ano
Moi escasas. Ocasionalmente torrenciais
Illas Canarias.
Especies autóctonas como o piñeiro canario e o drago.

A vexetación é un dos elementos mais determinantes da paixase. E o tipo de vexetación virá  determinado pola  humidade, as horas de luz e  a altitude.

Así, nun determinado lugar  crecerán determinadas plantas en función da humidade que  haxa, da altitude en que se encontré e  das horas de luz que  haxa.