martes, 26 de noviembre de 2019

Os científicos expoñen os seus experimentos

Hoxe  estivemos  explicandolles ao resto de  alumnos e alumnas os experimentos que fixemos o pasado venres  na  semana da Ciencia.



lunes, 25 de noviembre de 2019

Celebramos o día contra a Violencia de xénero

Hoxe  celebramos entre todos o día contra a Violencia de Xénero, con diversas actividades...Primeiro asistimos a un contacontos moi interesante. Logo, cada grupo de alumnos  foi  lendo  as diferentes actividades que  se fixeron. No noso caso, elaboramos microrelatos sobre  a Violencia de Xénero.



Finalmente, no patio, todos coas gafas violeta,  fixemos unhas letras e  desde arriba un dron foi filmando todo.

sábado, 23 de noviembre de 2019

A Ciencia non nos é nada extraña!!

Hoxe, na Biblioteca, co gallo da Semana da Ciencia, estivemos   vendo cómo se desenvolveron algúns dos experimentos que  a nosa Teacher   foi preparando en días pasados. Hoxe vimos  os efectos da evaporación, da salazón, dos xogos de densidades, etc. ... en definitiva,  disfrutamos e descubrimos cousas novas.

Logo teremos que explicar e presentar algún destes experimentos aos demais alumnos...


No drive podedes ver os outros dous videos...


Aprendendo coas TICs


Hoxe a profe Lurdes veunos a  ensinar  a crear algunhas cousas  con aplicacións  moi interesantes...
Foi moi divertido.....








 

Creamos o videoxogo e practicamos un pouco....


jueves, 21 de noviembre de 2019

Aprendendo a facer trenzas

Hoxe  coa profe Lurdes  estivemos  aprendendo a facer trenzas e chaveiros con lá,  para  despois vendelas e  sacar uns cartiños para a nosa Viaxe de Fin de Curso.
Deixámosvos aquí unhas instantáneas.





E tamén algún video de cómo  as fixemos....
 
Neste enlace podemos ver mellor cómo algúns alumn@s son moi habilidosos....
 

miércoles, 13 de noviembre de 2019

martes, 12 de noviembre de 2019

Aprendendo NATURAIS

Coma  sempre,  iniciamos  a presentación de traballos de Naturais  sobre os  seres vivos.  Nesta ocasión,  tivemos que  facer traballos  individuais sobre  os diferentes reinos dos seres vivos. Deixamosvos aquí unha escolma  da primeira sesión.....


 Joel trouxo exemplos práctivos do mofo, dos  fungos e  dos ferementos.