viernes, 20 de diciembre de 2019

Xa entregamos a Cesta nº 1

Hoxe procedemos a entregar a  Cesta nº 1 que  onte  foi sorteada.  Deixmámosvos  aquí unhas instantáneas   do momento da entrega  e  dos fill@s da familia agraciada que  quixeron "posar"coa cesta.
 Que orgullosos estaban os irmáns coa cesta!!! Parabéns.!!!

 Aquí o  Delegado e  a Delegada de clase  fanlle entrega da cesta nº 1  á familia agraciada.

 Esta cesta nº 2,  será recollida  na tarde de hoxe. Parabéns á  familia agraciada.



jueves, 19 de diciembre de 2019

Sorteo das cestas.....

Hoxe  procedemos a realizar o sorteo das  cestas de Nadal....
Queremos agradecer a todo o persoal que colaborou connosco na  venda das rifas, (familias, profesorado, persoal da cociña, compañeiros e compañeiras, ) e  agradecer tamén ás entidades que   nos doaron   o necesario para poder configurar estas cestas. Sen  a súa colaboración desinteresada esto non sería posible. Moitas gracias a todos de todo o equipo de  6º de Primaria.

Deixámosvos  unhas instantáneas do proceso de sorteo....


Xa contactamos cos agraciados e  maña,  20 de  decembro procederemos á entrega do seu contido...

Todo está preparado..... os resgardos  metidos na caixa.....


 Explicamos o proceso de sorteo  xunto co Delegado e Subdelegada de clase...

 Remexemos  un pouco  os resgardos.....


 Eliximos  as máns inocentes......Carlota, que se encargará de  sacar o número da  primeira cesta, e  Roi que sacará o número da segunda.



O resultado foi o seguinte:

Cesta nº 1:   0882


Cesta nº 2: 0417

Noraboa  aos agraciados e agraciadas.

E gracias pola colaboración.

miércoles, 18 de diciembre de 2019

SORTEO DE CESTAS DE NADAL

Estas son as nosas cestas de Nadal que mañá imos sortear  ás  14:30 no comedor do Colexio. Son dúas cestas moi completas, cheas de produtos doados polos  proveedores do comedor e por  Institucións e Empresas ás que lles pedimos  a súa colaboración.

Desde aquí, queremos  darlles as  gracias a todos e a todas por colaborar connosco  na procura de fondos para  a Viaxe de Fin de Curso.





En Lingua fixemos Bandas deseñandas

En Lingua Galega,  aproveitando a temática do tema central  do noso proxecto de centro, a conferencia sobre o cambio climático, e as noticias que  foron xurdindo nestes días pasados, estivemos traballando  os diferentes  tipos de textos...
Neste caso,  eleboramos  unhas andas deseñadas  sobre estes temas de actualidade......










 Esta banda incorpora o deseño completo, cos textos do narrador e  dos pesonaxes...






jueves, 12 de diciembre de 2019

Traballos sobre a Nutrición

Hoxe  fixemos a exposición dos nosos traballos sobre os diferentes aparatos que interveñen no proceso da dixestión.....











martes, 3 de diciembre de 2019

Escolas nas Ondas

Hoxe iniciamos a formación   en Ponte nas Ondas.....Prepararnos para  poder facer despois os  programas de  Radio  do noso Colexio.

Unha  morea de prácticas de modulación da voz, entoación, intensidade,..... en definitiva, aprender  a locutear!!!!

En vivo e en directo:













martes, 26 de noviembre de 2019

Os científicos expoñen os seus experimentos

Hoxe  estivemos  explicandolles ao resto de  alumnos e alumnas os experimentos que fixemos o pasado venres  na  semana da Ciencia.



lunes, 25 de noviembre de 2019

Celebramos o día contra a Violencia de xénero

Hoxe  celebramos entre todos o día contra a Violencia de Xénero, con diversas actividades...Primeiro asistimos a un contacontos moi interesante. Logo, cada grupo de alumnos  foi  lendo  as diferentes actividades que  se fixeron. No noso caso, elaboramos microrelatos sobre  a Violencia de Xénero.



Finalmente, no patio, todos coas gafas violeta,  fixemos unhas letras e  desde arriba un dron foi filmando todo.

sábado, 23 de noviembre de 2019

A Ciencia non nos é nada extraña!!

Hoxe, na Biblioteca, co gallo da Semana da Ciencia, estivemos   vendo cómo se desenvolveron algúns dos experimentos que  a nosa Teacher   foi preparando en días pasados. Hoxe vimos  os efectos da evaporación, da salazón, dos xogos de densidades, etc. ... en definitiva,  disfrutamos e descubrimos cousas novas.

Logo teremos que explicar e presentar algún destes experimentos aos demais alumnos...


No drive podedes ver os outros dous videos...