jueves, 28 de febrero de 2019

Xoves de Comadres/Compadres

No noso colexio  celebramos hoxe  todos xuntos o xoves de  Comadres e  de Compadres.  Deixámosvos eiquí  algunhas fotos  do preparados que estabamos






miércoles, 27 de febrero de 2019

Rematando disfraces

Xa  case temos  ultimados os disfraces para o   venres.... e o cartel.
E de  paso, o persoal de  perruquería e maquillaxe  andan a facer prácticas.
 

Contamos coa  colaboración da profe Maite que  se encargou dunha parte esencial do disfraz. 







Hoxe tocou disfrazarnos do que quixéramos

Hoxe   chegamos ao colexio  disfrazados a  nosa vontade, e a verdade é que  estabamos xenial.




lunes, 25 de febrero de 2019

O día de Rosalía

Celebrando o día  de Rosalía de Castro


Na semana pasada estivemos  preparando uns marcapáxinas   e no  reverso  escribimos  poemas de Rosalía de Castro. 
Hoxe  conmemoramos o día de Rosalía de Castro,  todos  xuntos, os alumnos de  quinto e sexto,  recitando alguhas estrofas de  poemas  escritos pola poetisa  galega.



Cumprindo o primeiro encargo de Efrén

Hoxe  aparecemos todos  con algo divertido na  cabeza, cumprindo co  que  nos indicou Efrén....

viernes, 22 de febrero de 2019

Os mandadiños de Efrén

Hoxe  Efrén xa nos deixou os mandadiños para  a  semana que ven.....
 

O luns o entroido comeza, 
trae algo na cabeza 


O martes  de cine virás, 
 e algo no pescozo traerás. 

mércores, actor/actriz protagonista serás; 
decide tí como virás.
   
O xoves para comadres e compadres festexar, 
os nenos de nenas e as nenas de nenos ímonos disfrazar.  


             

Comadres e Compadres

O próximo xoves celebraremos o  día de Comadres e Compadres

Hoxe  estivemos preparando as comadres e compadres que   nos acompañarán  o vindeiro xoves na celebración.









jueves, 21 de febrero de 2019

Taller de Habilidades Sociales

Traballando cómo nos podemos sentir  e cómo nos relacionamos.....

Hoxe  contamos coa colaboración da Cruz Vermella de forma que  unha persoa experta en  habilidades sociais nos  veu  a  falar sobre  Habilidades Sociais.

Ó longo de  hora e media  puidemos coñecer  algo mais   de nós mesmos, para poder  relacionarnos mellor cos demais. Coñecernos mellor a nós mesmos, poñerse no lugar dos demais,  coñecer os nosos medos,  saber do que  somos capaces...., son aspectos moi importantes  para poder  relacionarnos  mellor  cos demais. 
Vivimos  en  sociedade e por tanto relacionámonos  con outras personas e  para elo non só temos que  coñecernos ben a nós mesmos senón tamén   temos que  saber interpretar os xestos, os momentos, a forma de expresarse, .... da persoa ou persoas coas que  interactuamos, para pode  ter unha comunicacion exitosa con esas persoas.
O traballo en equipo e  de forma colaborativa exíxenos  o mellor de nós,  ser capaces de  conseguir o maior beneficio  para o grupo por encima das individualidades de cada un.  Dito doutra forma,  obter algo satisfactorio para todos  coas  mínimas  perdas individuais. 

Deixámosvos  eiquí  unhas poucas instantáneas.....








miércoles, 20 de febrero de 2019

A Lingua Materna 2019

Traballamos sobre a Língua Materna.

Hoxe estivemos traballando sobre  vocabulario en relación á nosa lingua materna. Tiñamos que  escoller unha palabra, inventar un significado para ela e  logo a continuación, poñer o significado real e verdadeiro.

Este foi o resultado.....