jueves, 21 de febrero de 2019

Taller de Habilidades Sociales

Traballando cómo nos podemos sentir  e cómo nos relacionamos.....

Hoxe  contamos coa colaboración da Cruz Vermella de forma que  unha persoa experta en  habilidades sociais nos  veu  a  falar sobre  Habilidades Sociais.

Ó longo de  hora e media  puidemos coñecer  algo mais   de nós mesmos, para poder  relacionarnos mellor cos demais. Coñecernos mellor a nós mesmos, poñerse no lugar dos demais,  coñecer os nosos medos,  saber do que  somos capaces...., son aspectos moi importantes  para poder  relacionarnos  mellor  cos demais. 
Vivimos  en  sociedade e por tanto relacionámonos  con outras personas e  para elo non só temos que  coñecernos ben a nós mesmos senón tamén   temos que  saber interpretar os xestos, os momentos, a forma de expresarse, .... da persoa ou persoas coas que  interactuamos, para pode  ter unha comunicacion exitosa con esas persoas.
O traballo en equipo e  de forma colaborativa exíxenos  o mellor de nós,  ser capaces de  conseguir o maior beneficio  para o grupo por encima das individualidades de cada un.  Dito doutra forma,  obter algo satisfactorio para todos  coas  mínimas  perdas individuais. 

Deixámosvos  eiquí  unhas poucas instantáneas.....








No hay comentarios:

Publicar un comentario