jueves, 25 de abril de 2019

Segunda sesión sobre os riscos das redes sociais

Hoxe  viñeron os  formadores da Cruz Vermella a  explicarnos  os riscos  na utilización das redes sociais. Foi a segunda charla que nos deron sobre este tema, pero estivo moi interesante. Aprendemos moitas  cousas,....a primeira: ser precavidos e cuidadosos co que dicimos, co que compartimos e con quén compartimos as cousas.
As  novas tecnoloxías  permítennos   mellorar as comunicacións,  aprender e  aprender  máis rápido, compartir o que aprendemos, .... pero tamén teñen os seus inconvenientes.....e por  moito que sexamos precavidos todo será pouco;  tamén teñen moitos riscos.







viernes, 12 de abril de 2019

Coñecendo algo máis das redes sociais

Hoxe  tivemos unhas clases especiais....Viñeron  especialistas da  Garda Civil a  explicarnos  os perigos no uso das redes sociais, da internet en xeral e mesmo dos  móbiles. 
Foi unha experiencia moi interesante, pois aprendemos  moitas cousas   nas que nós habitualmente non pensamos pero que  a veces poden converterse  nun risco innecesario.

Os perigos  da rede son moitos e temos que ser conscientes delo e  facer un correcto uso  destas ferramentes. O mesmo pasa cos teléfonos móbiles,  co que  descargamos, co que  enviamos e compartimos..... Hoxe  estamos  expostos a riscos  constantes no uso das novas TICs.  E por eso temos que  minimizar estes riscos e ser precavidos no uso.







viernes, 5 de abril de 2019

Cine-Escola-aprendizaxes sociais

Hoxe   estivemos rodando un pequeno corto para  un traballo que se vai a presentar..... algo relacionado co que traballamos  cada día:  as relacións interpersais e  a autoestima. Deixamos  unha mostra dos momentos da rodaxe....

Exteriores..... e  con cámara incluida
 Comentando cómo se senten.....

Na clase  a mestra indícalles o traballo a  realizar...




Ao día seguinte entra unha alumna a presentarlle o traballo feito....  "todo está filmado..."


No video pódese observar mellor  a profesionalidade das actrices/actores.


 Momento de traballo na aula.......


 Os extras........


Exposición de traballos sobre a reproducción das plantas

Hoxe fixemos  unha  exposición  dos nosos traballos sobre a reproducción sexual das plantas. Deixámosvos  unha mostra dos nosos traballos.







Completamos as sesións de contacontos.

Hoxe completamos as sesións de contacontos. Xa está  inaugurado o mes dos libros!!!!! Unha actividade espectacular e  enriquecedora para  todos.
Utilizamos algúns elementos complementarios para  os  nosos contos....












jueves, 4 de abril de 2019

Cuarta xornada de contacontos

Hoxe  fixemos o cuarto día  contándolles contos aos nosos  compañeiros e compañeiras do CEIP Saco e Arce.... A verdade é que  estamos moi contentos da aceptación que tivo  esta actividade.

Gracias por escoitarnos con tanta atención!!!!!




miércoles, 3 de abril de 2019

A lectura de contos anímase

Cambiamos de  publico cada día, pero  seguimos a entusiasmar  aos  nosos compañeiros  cos nosos contacontos. Aquí temos unha mostra delo.






Unha  experiencia moi enriquecedora...
 

Seguimos contando contos.....

Seguimos   coa actividade de contarlles contos aos  cativos  dos cursos inferiores ao noso. A verdade é que  é  unha experiencia   impresionante  onde  todos aprendemos. Nós  que somos capaces  de contar, de improvisar, de adaptar os contos aos intereses dos pequenos.... E eles, atentos a cada palabra, a cada xesto noso, a cada historia,....en fín....., que  resulta unha actividade  moi interesante.
Aquí vos deixamos  algunhas fotografías e os libros dos contos que  lles contamos.