viernes, 21 de junio de 2019

Último día de clase....

Hoxe  tivemos o último día de clase  neste curso  que coincide ademais coa entrada do verán....
Despedimos o curso con hinchables  que  a AFA organizou e  cunha minifesta na clase que compartimos cos compañeiros e compañeiras  de 6º.

Rematamos a mañá antes de ir a comer, coa entrega de notas, diplomas de lectores e  algúns agasallos que o profe nos trouxo para premiar o noso afán lector.
Bo verán a tod@s  e  até setembro!!!!!













lunes, 17 de junio de 2019

Premios Atrévete

Hoxe   tivemos que  ir até Santiago de Compostela porque   un alumno ou unha alumna do noso colexio resultou premiado/a  no concurso "Atrévete" que  a  Consellería de Educación  convoca cada  ano dende o  seu programa Eduemprende.

Neste proxecto participa o alumnado de  5º e 6º de primaria e  de 1º e 2º de ESO  de toda Galicia, e en cada área empresarial  outórganse dous premios para Primaria e  outros dous para Secundaria.

Este ano,  un dos  premios de  Primaria recaeu nunha alumna do noso centro,  de  quinto de primaria: Catalina Aydillo,  que  recibiu  o  premio con moita ilusión e satisfacción.
Parabéns, Catalina!!!!!




Deixámosvos  tamén  outras instantáneas  de  diferentes momentos da chegada, da ceremonia de entrega de premios, e  do remate da mesma.








Despedimos a  Cidade da Cultura con Santiago ao fondo, e  voltamos para Toén coa boa nova  para compartir con todos os demais.






miércoles, 12 de junio de 2019

O sabor da aventura está no mar



Hoxe  visitamos  Baiona,  dentro do proxecto "O sabor da aventura está no mar".

Visitamos o puerto onde nos explicaron algunhas artes de pesca. Fomos ver a lonxa onde  nos explicaron cómo se  fan  as subastas de peixes, e coincidimos  co pesado dunhas colleitas de  navallas que  trouxeron uns buzos.










 A continuación fomos  a Casa de Navegación de Baiona, onde  estivemos vendo cousas  moi interesantes.






 A continuación fomos a degustar uns produtos do mar: ensalada con merluza e  hamburguesa de  dorada. Alí nos deron algúns agasallos.





 Logo, fomos a  dar unha  volta polos arredores do Castelo,  ao redor do Monte do Boi, onde  está o Parador, e  despois  visitamos a carabela A Pinta, vamos, unha réplica, que está  fondeada no porto.




Unha viaxe moi completa e interesante.

martes, 11 de junio de 2019

Segunda sesión do taller de Igualdade

Hoxe  tivemos a segunda sesión do taller  de Igualdade  que  Alberto e Antía  nos  viñeron a impartir  entre onte e hoxe.

Hoxe  traballamos  tamén en  equipo, elabarando gráficamente e contandolles aos demais compañerios unha historia  sobre  un cativo ou unha cativa. Finalmente, tiñamos que  darlle  un consello para  que percorrera   o seu camiño de vida, segundo as súas decisións.

Deixámosvos aquí unha  morea de fotos dos diversos momentos da sesión.

 Primeiro elaboramos o conto a partires  de datos que  nos proporcionaron Antía e Alberto....







 


 
 E unha  vez  terminada   a elaboración, contómoslles aos compañeiros o que cada equipo fixera.




 
A continuación  fixemos  unha excenificación para  comprobar   algún dos aspectos   do que se coñece como  amores tóxicos, ou  relacións non baseadas na confianza, no respecto e na sinceridade.

 

Deixámosvos unha mostra con un pequeno video......

A partires desta escea,  estivemos traballando  as cuestións que  xordían e   a necesidade de  superar este tipo de relacións  que non se  basean na confianza,  no respecto hacia a outra persoa e  na sinceridade.