Hoxe tivemos a segunda sesión do taller de Igualdade que Alberto e Antía nos viñeron a impartir entre onte e hoxe.
Hoxe traballamos tamén en equipo, elabarando gráficamente e contandolles aos demais compañerios unha historia sobre un cativo ou unha cativa. Finalmente, tiñamos que darlle un consello para que percorrera o seu camiño de vida, segundo as súas decisións.
Deixámosvos aquí unha morea de fotos dos diversos momentos da sesión.
E unha vez terminada a elaboración, contómoslles aos compañeiros o que cada equipo fixera.
A continuación fixemos unha excenificación para comprobar algún dos aspectos do que se coñece como amores tóxicos, ou relacións non baseadas na confianza, no respecto e na sinceridade.
Deixámosvos unha mostra con un pequeno video......
A partires desta escea, estivemos traballando as cuestións que xordían e a necesidade de superar este tipo de relacións que non se basean na confianza, no respecto hacia a outra persoa e na sinceridade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario