Neste proxecto participa o alumnado de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º de ESO de toda Galicia, e en cada área empresarial outórganse dous premios para Primaria e outros dous para Secundaria.
Este ano, un dos premios de Primaria recaeu nunha alumna do noso centro, de quinto de primaria: Catalina Aydillo, que recibiu o premio con moita ilusión e satisfacción.
Parabéns, Catalina!!!!!
Deixámosvos tamén outras instantáneas de diferentes momentos da chegada, da ceremonia de entrega de premios, e do remate da mesma.
Despedimos a Cidade da Cultura con Santiago ao fondo, e voltamos para Toén coa boa nova para compartir con todos os demais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario