viernes, 28 de febrero de 2020

Investigando o COVID 19

Imos iniciar unha investigación sobre  a evolución do Coronavirus, desde a súa detección ate  este momento..... Para elo,  imos facer un traballo de investigación intenso e moi completo. Cando esté feito compartirémolo aqui.



E tamén, como non podía ser doutra forma, imos avaliar os traballos desenvolvidos..... utilizando un procedemento como é a rúbrica...
Agardamos  impacientes os datos que nos podan ofrecer os traballos, e que non cunda o pánico.!!!!

Sabías que......

Retomamos a sección de  Sabías que..... con preguntas e encargos que  o profe nos  fai nas clases.
Neste caso, e aproveitando o tema  sobre a Saúde que iniciamos en  Naturais,   buscamos información sobre  o que  significa UNICEF  e  as diferencias entre  unha Epidemia e unha Pandemia, a propósito da situación que estamos a vivir nestes momentos....
E coma sempre, hai alumnos/as que  son moi áxiles  nestes encargos....

Parabéns, Inés, por  o  traballo.

Non nos olvidamos de Rosalía de Castro

O pasado 24 de febreiro  conmemorábase  o día de Rosalía de Castro, e como coincidiu coas vacacións de entroido, á volta ás clases retomamos os traballos que  xa iniciaramos  antes.
Deixamos  aquí algúns dos debuxos que fixemos, en alusión ao poema de  Rosalía: Castellanos de Castilla....

Neste caso, a seguinte imaxe representa o corazón de Rosalía de Castro e dentro está  un galego que tivo que ir  a Castilla a traballar, que sofre polas malas condicións que había daquela naquelas terras.


Aquí podemos observar a representación do río de Rosalía, porque  Rosalía expresa en todo o seu poema a súa tristeza en bágoas,  tan grandes que  forman un río.

Neste outro debuxo, Rosalía trataría de explicar que cando os galegos ían a  Castilla, maltratábanos e cando volvían viñan como escravos, con moitas feridas. E iso non podía ser!!!!

Neste outro debuxo, exprésase  unha  metáfora, moi propia de Rosalía; que  Rosalía ten moita dor e non quere vivir.... Pídelle a Deus que  a mate porque  xa non soporta a tristeza  porque o seu amado foi para Castilla e  non volveu.

 Representa a todos os galegos nos campos de Castilla  recollendo os cereais nos veráns. Con escasas árbores nos seus campos e montañas e   os cháns longos e  planos, de cor marrón oscuro.

"Que Castela e casteláns
todos nun montón, a eito,
non valen o que  unha  herbiña,
destes nosos campos frescos."

Aquí  represéntase  a  Rosalía moi trise e doída porque non lle gusta a súa vida e pídelle a  Deus que a mate porque xa non quere vivir máis.

Nesta outra imaxe,  a autora quixo representar  como imaxinaba  Rosalía de Castro aos castellanos de Castilla.
 "¡Casteláns de Castela,
tendes corazón de aceiro,
alma coma as penas dura,
e sen entrañas o peito!



A seguinte viñeta expresa a  tristeza que sente Rosalía cando morreu o seu queridiño, e o odio que lles tiñá  aos casteláns de Castela.



Nesta outra representación, semella cando os galegos ían a segar o pan a Castilla, ían sorrindo e cando volvían, viñan morrendo.....


O derradeiro debuxo representa aos traballadores galegos segando o pan en Castela. Estaban nunhas condicións de traballo moi malas, algo moi propio de mediados do século XIX, e que  Rosalía plasmou no seu poema

viernes, 21 de febrero de 2020

Celebramos o entroido por todo o alto

Hoxe  celebramos o noso entroido por todo o alto!!!! Un desfile  expléndido e  unhas actuacións  espectaculares!!!! Parabéns!!!!!

Deixámosvos aquí algunhas fotos e  videos sobre o Entroido.
























E para  colofón, o  pedazo de mercadillo que  tivemos. Un exitazo!!!!
Gracias  ás  familias que  colaboraron con entusiamo.













jueves, 20 de febrero de 2020

Xa temos preparado o mercadillo de mañá!!!

Bueno,  hoxe foi un día  moi activo.....  ensaio de desfiles, ensaio de  baile, preparación do mercadillo de  mañá,.... ultimando detalles  dos disfraces.  En definitiva,  todo preparado para  o gran día.!!!!





Preparando o entroido

Preparando os disfraces e disfrutando a cada momento...




 E  facendo caso dos mandadiños....... cada día cun novo disfraz.




E hoxe  mesmo fixemos un ensaio do desfile.....