Deixamos aquí algúns dos debuxos que fixemos, en alusión ao poema de Rosalía: Castellanos de Castilla....
Neste caso, a seguinte imaxe representa o corazón de Rosalía de Castro e dentro está un galego que tivo que ir a Castilla a traballar, que sofre polas malas condicións que había daquela naquelas terras.
Aquí podemos observar a representación do río de Rosalía, porque Rosalía expresa en todo o seu poema a súa tristeza en bágoas, tan grandes que forman un río.
Neste outro debuxo, Rosalía trataría de explicar que cando os galegos ían a Castilla, maltratábanos e cando volvían viñan como escravos, con moitas feridas. E iso non podía ser!!!!
Neste outro debuxo, exprésase unha metáfora, moi propia de Rosalía; que Rosalía ten moita dor e non quere vivir.... Pídelle a Deus que a mate porque xa non soporta a tristeza porque o seu amado foi para Castilla e non volveu.
Representa a todos os galegos nos campos de Castilla recollendo os cereais nos veráns. Con escasas árbores nos seus campos e montañas e os cháns longos e planos, de cor marrón oscuro.
"Que Castela e casteláns
todos nun montón, a eito,
non valen o que unha herbiña,
destes nosos campos frescos."
Aquí represéntase a Rosalía moi trise e doída porque non lle gusta a súa vida e pídelle a Deus que a mate porque xa non quere vivir máis.
Nesta outra imaxe, a autora quixo representar como imaxinaba Rosalía de Castro aos castellanos de Castilla.
"¡Casteláns de Castela,
tendes corazón de aceiro,
alma coma as penas dura,
e sen entrañas o peito!
A seguinte viñeta expresa a tristeza que sente Rosalía cando morreu o seu queridiño, e o odio que lles tiñá aos casteláns de Castela.
Nesta outra representación, semella cando os galegos ían a segar o pan a Castilla, ían sorrindo e cando volvían, viñan morrendo.....
O derradeiro debuxo representa aos traballadores galegos segando o pan en Castela. Estaban nunhas condicións de traballo moi malas, algo moi propio de mediados do século XIX, e que Rosalía plasmou no seu poema
No hay comentarios:
Publicar un comentario