miércoles, 27 de marzo de 2019

As Plantas

Estes días estamos estudiando as plantas como seres vivos. Deixámosvos eiquí alguns dos traballos plásticos que fixemos  sobre a Fotosíntese e a Respiración das plantas.











viernes, 22 de marzo de 2019

Visita ao CIFP A Farixa

Hoxe  visitamos  xunto cos  nosos compañeir@s de  sexto o Centro Integrado de Formación Profesional A Farixa, en Ourense, dentro do programa  "Atrévete".

Alí  presentárononos   diversas formas de  emprender,  o que  significa  e  as  inmensas posiblidades  que hai de ser emprendedores.

Coa guía  dos profesores e dos propios alumnos  dos  Ciclos Formativos, estivemos vendo  as instalacións e   tamén a facer  algúns pinitos no eido audiovisual.  
Os  alumnos e alumnas do Ciclo de Turismo foron os nosos guías polo centro, e  cos estudiantes do TAFAD disfrutamos con xogos   colaborativos.

Foi unha  experiencia moi interesante.

Deixámosvos eiquí algunha mostra delo....

Chegamos e  foto...
Logo no Salón de Actos   recibiunos o Director do Centro ... que nos explicou  cousas do Centro  e nos animou a participar no concurso de emprendedores.


E a profe de FOL, Montse    presentounos ideas  para ser emprendedores...



Logo, os  estudiantes de TAFAD  ensináronos algúns xogos cooperativos....




 Tempo de  descanso e repoñer forzas.....



Despois, dividímonos en dous grupos e  visitamos o Centro.
Este grupo dirixiuse aos  talleres do Ciclo Superior de  Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica..  donde nos explicaron cómo   funcionan as placas solares e cómo son as vivendas  eficientes.


Despois os estudiantes de  Turismo, leváronnos a ver  un estudio de radio e cómo se fai un programa de radio..

E divertímos simulado cómo  se  "dá o tempo".... onde o pasamos en grande, nos estudios de Imaxe e Son.





 Tamén visitamos un estudio de grabación...




Finalmente, volvemos ó Salón de Actos onde  a Vicedirectora do CIFP  A Farixa  nos  deu a despedida  e  uns agasallos.

 E  xusto antes de volver para  o noso colexio,  todos xuntos de novo  para a foto de grupo.

  



Gracias a tod@s por ofrecernos unha experiencia tan  espectacular coma esta.


jueves, 21 de marzo de 2019

As plantas respiran

Estamos  estudiando  os Seres Vivos estes días en Ciencias Naturais, e  entre eles as plantas.... e  descubrimos que tamén respiran e realizan moitas funcións....aínda que nós non as  vexamos a  simple vista.

Deixámosvos eiqui algúns traballos plásticos  de cómo o vemos nós.







viernes, 8 de marzo de 2019

Día da Muller

Celebramos o día da Muller recordando  cómo   se institucionalizou este día e  con algúns dereitos moi necesarios.....







viernes, 1 de marzo de 2019

Entroido 2019

Celebrando o Entroido por todo o alto.


Deixamos  eiquí  algunhas instantáneas  do noso entroido  deste curso. os últimos detalles e como  íamos ó final.
O desfile e a actuación  podedes vela no  blog do colexio. Cada un  co seu papel!! De película!!!!

 Os Esquíos de Toén...





 Os Esquíos de Toén....

















Moito público  veu a  ver as actuacións. Gracias!!!!


Algúns dos profes que  nos  axudaron......


Aquí  vos deixamos un  pequeno video do comezo da nosa actuación....