lunes, 16 de marzo de 2020

Indicacións para o estudo na casa.


Indicacións  para  a realización de tarefas  durante  este período  sen clases.

6º de Primaria.

Alumn@s de 6º:


Ao longo deste días que  tedes que quedar nas vosas casas, mentres non  volve haber clase, ides ter tempo para  facer moitas cousas, pero non podedes perder o ritmo de estudo que  viñades mantendo.
É importante  que  manteñades unhas rutinas cada día, moi  similares   a se estiverades  no colexio. Debedes marcarvos  un horario para cada día, e  erguerse á mesma  hora, non cando a un lle apeteza.... senón aproveitar o tempo. 
*   A primeira hora podedes repasar as instruccións que vos vaia poñendo no blog ou no correo, estudiar os apuntes e  facer  exercicios.
*   Despois podedes facer un pequeno descanso.
*   Logo  retomades as tarefas ate a hora de comer.
*   E non vos olvidedes de  ler unha hora cada día.
Outra recomendación que vos fago é  que  fagades un planing para cada día e anotedes o que  facedes,  unha especie de axenda onde apuntedes o que  estudiades cada día, e por  asignaturas.
É importante  facer as tarefas, pero  tamén é moi importante  estudar  tódolos días e de forma planificada.
 Debemos aproveitar o tempo para  ler, para estudar, para xogar, para investigar, etc. ,  ides ter tempo para todo pero teredes que adicar  alomenos unha hora diaria á lectura. 
Seguro que  en casa  tedes algún libro de lectura, de aventuras, algunha novela adaptada,.... ou mesmo ler nos  libros de sociais, especialmente  os temas de historia.
Eu ireivos colocando  no DRIVE, nunha carpeta que  terá de nome: Estudar na casa, as tarefas que  teñades que facer.
Tanto no blog coma no DRIVE, ireivos colocando cada semana as tarefas a facer durante a mesma,  en cada unha das  áreas.
No blog tamén hai unha pestana que  ten ese nome e ahí colocarei as tarefas e explicacións.:

Estas tarefas  que se  realicen  na casa durante este tempo, revisaranse e valorararémolas  á  volta  ás clases, e  teranse en conta para a terceira avaliación.

Toén, 16 de  marzo de  2020.

No hay comentarios:

Publicar un comentario