Seguimento do periodo sen clases
Pequenos e pequenas,
Estamos vivindo un momento histórico que ningún de nós viviu ate o momento. Vós sodes conscientes da situación que se produce a consecuencia da aparición do COVID-19 e dos seus efectos, porque fixestes un gran traballo investigando sobre elo.
De golpe cambiou a nosa forma de vida diara, vémonos obrigados a non poder asistir a clase, a quedar confinados nos nosos domicilios, a saír o indespensable, para evitar ou cando menos diminuír as posibilidades de contagio.
Ben, pois todo isto tamén o temos que utilizar para aprender, para facer un seguimento da situación, para ver cómo nos sentimos e cómo imos superando ésto cada día; e sería moi importante documentalo todo, e gardar dalgunha maneira esta experiencia que nos toca vivir. Hoxe temos moitas ferramentas para poder deixar constancia de cómo experimentamos esta situación de confinamento.
Para elo os profes pedimosvos que deixedes constancia de cómo vivides estes momentos, recollendoo nun pequeniño diario, que pode ser escrito ou gravado nun audio. Podedes gravar un pequeniño audio cada día, moi breve.
Tal e como vos conto no video que vos deixo neste enlace, pedímosvos que gravedes un pequeno audio cada día, onde deixedes constancia do que facedes, de como estructurades o tempo de estudo e de descanso, como se vive esta situación dentro do entorno, dificultades, estados de ánimo, colaboracións, anécdotas, etc.; todo aquilo que vós consideredes que debedes rexistrar.
Como no Colexio temos o proxecto de Radio na Escola, ésto poderíanos incorporalo despois ao proxecto, xa que é unha experiencia máis e moi importante. Así, xuntándoos todos, teríamos unha biblio-audio-contos.
Se queredes, podedes ir subindo os audios que gravedes, tipo podcast , ao DRIVE, gardádelo na carpeta PODCAST CASA. Así estas experiencias contadas, iremos incorporándoas ao proxecto de RAdio na Escola, e despois todos poderemos compartilo.
Os que optedes por rexistralo por escrito, facedes un pequeno diario que cada un poderá ler voluntariamente no retorno ás aulas. Prucurade aplicar todas aquelas normas ortográficas, de puntuación e de expresión que tedes aprendido.
Ola pequen@s, decídeme qué vos parece esta iniciativa. Eu creo que con ela podedes aprender moito e ademais tamén vos podedes divertir un anaco, que fai boa falta nestes dias. Espero as vosas respostas
ResponderEliminarOla Xose!
ResponderEliminarA min non me apetece facer esta idea, porque non me apetece facer mais deberes, quero ter tempo libre, aproveitar estos días de cuarentena, se algún día me aburro o mellor o fago. Ainda así a idea está ben.
Un saúdo!
Aixa.
Moi ben, Aixa. Perfecto.Podes facelo por escrito, así practicas a expresión escrita. Ánimo e un saúdo!
ResponderEliminarXosé