miércoles, 27 de marzo de 2019
As Plantas
Estes días estamos estudiando as plantas como seres vivos. Deixámosvos eiquí alguns dos traballos plásticos que fixemos sobre a Fotosíntese e a Respiración das plantas.
viernes, 22 de marzo de 2019
Visita ao CIFP A Farixa
Hoxe visitamos xunto cos nosos compañeir@s de sexto o Centro Integrado de Formación Profesional A Farixa, en Ourense, dentro do programa "Atrévete".
Alí presentárononos diversas formas de emprender, o que significa e as inmensas posiblidades que hai de ser emprendedores.
Coa guía dos profesores e dos propios alumnos dos Ciclos Formativos, estivemos vendo as instalacións e tamén a facer algúns pinitos no eido audiovisual.
Os alumnos e alumnas do Ciclo de Turismo foron os nosos guías polo centro, e cos estudiantes do TAFAD disfrutamos con xogos colaborativos.
Foi unha experiencia moi interesante.
Deixámosvos eiquí algunha mostra delo....
Chegamos e foto...
Logo no Salón de Actos recibiunos o Director do Centro ... que nos explicou cousas do Centro e nos animou a participar no concurso de emprendedores.
E a profe de FOL, Montse presentounos ideas para ser emprendedores...
Logo, os estudiantes de TAFAD ensináronos algúns xogos cooperativos....
Despois, dividímonos en dous grupos e visitamos o Centro.
Este grupo dirixiuse aos talleres do Ciclo Superior de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica.. donde nos explicaron cómo funcionan as placas solares e cómo son as vivendas eficientes.
Despois os estudiantes de Turismo, leváronnos a ver un estudio de radio e cómo se fai un programa de radio..
E divertímos simulado cómo se "dá o tempo".... onde o pasamos en grande, nos estudios de Imaxe e Son.
Finalmente, volvemos ó Salón de Actos onde a Vicedirectora do CIFP A Farixa nos deu a despedida e uns agasallos.
E xusto antes de volver para o noso colexio, todos xuntos de novo para a foto de grupo.
Gracias a tod@s por ofrecernos unha experiencia tan espectacular coma esta.
jueves, 21 de marzo de 2019
As plantas respiran
Estamos estudiando os Seres Vivos estes días en Ciencias Naturais, e entre eles as plantas.... e descubrimos que tamén respiran e realizan moitas funcións....aínda que nós non as vexamos a simple vista.
Deixámosvos eiqui algúns traballos plásticos de cómo o vemos nós.
viernes, 8 de marzo de 2019
Día da Muller
Celebramos o día da Muller recordando cómo se institucionalizou este día e con algúns dereitos moi necesarios.....
viernes, 1 de marzo de 2019
Entroido 2019
Celebrando o Entroido por todo o alto.
Deixamos eiquí algunhas instantáneas do noso entroido deste curso. os últimos detalles e como íamos ó final.
O desfile e a actuación podedes vela no blog do colexio. Cada un co seu papel!! De película!!!!
Os Esquíos de Toén....

Moito público veu a ver as actuacións. Gracias!!!!
Algúns dos profes que nos axudaron......
Aquí vos deixamos un pequeno video do comezo da nosa actuación....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)