sábado, 6 de junio de 2020

Apuntes de CIENCIAS NATURAIS


Os cambios  da materia

A MATERIA   sofre cambios  constantemente.  As veces pode  cambiar o seu aspecto pero segue a ser a mesma materia;  e outras veces o cambio é tan grande que   transformarse noutra  ou noutras  materias distintas.

Teríamos dous tipos de cambios:

Cambios físicos

Cambios químicos

 

Cando cambia  solo o aspecto, pero segue a ser a mesma materia. Por exemplo cando rompemos unha pedra, queda en anaquiños pequenos pero seguen a ser pedras.

Ou  a auga cando cambia de  estado sólido a líquido, segue a ser auga.

 

Neste caso, a materia non se transforma, segue a ser  a mesma

 

 

Os cambios químicos prodúcense cando a materia inicial pasa a convertirse noutra ou noutras materias por unha acción determinada.

Por exemplo un mixto cando o queimamos,   ao arder, transfórmase  en cinzas, fume, gases e desprende unha  enerxía en forma de luz e calor.

Ou cando queimamos  un papel, pois pasa o mesmo.

Os cambios químicos tamén os coñecemos como REACCIÓNS QUÍMICAS.

 

AS REACCIÓNS QUÍMICAS

Nas reaccións químicas, unhas substancias ( reactivos)  interaccionan e transfórmanse noutras substancias novas (produtos).  En todas as reaccións químicas intervén outro elemento, que  é a ENERXÍA.

 

O que  ocorre  en toda reacción química, é que  masa total  non varía, non cambia. Esto quere dicir que a suma das masas dos  reactivos é igual á suma das masas dos productos.

 

Na natureza prodúcense moitas  reaccións químicas, algunhas de forma natural e espontánea e outras de forma provocada.

 

Os principais tipos de  reaccións quimicas que  ocorren na natureza e na vida  diaría serían:

 

OXIDACIÓN

COMBUSTIÓN

FERMENTACIÓN

É unha reacción química que se produce cando combinamos unha substancia co osíxeno do aire, e forma unha nova substancia, que se chama óxido.

 

A corrosión dos metais e  a oxidación da froita cando a cortamos son exemplos.

 

É unha oxidación moi rápida e ocorre cando se combina un combustible (substancia) co osíxeno e  arde.

Nas combustións despréndese enerxía en forma de luz e calor, ademais de gases.

Queimar leña é un exemplo, ou queimar gasoil de calefacción.

 

 

Esta reacción química prodúcese en ausencia de osíxeno.

Ocorre pola acción de  determinados seres vivos como as bacterias ou os fermentos.

 

Un exemplo é  a forma de facer o pan ou o viño.

 

 

A LUZ e  a CALOR como formas de enerxía

A maior fonte de enerxía que temos para a Terra é o Sol, que  nos proporciona LUZ  e CALOR.

E para que se produzan  reaccións químicas  precísase algún tipo de enerxía, que  ben poden ser a LUZ  e a CALOR. Relacionado coa CALOR tamén está a TEMPERATURA, que  variará en función da calor.

LUZ

 CALOR/TEMPERATURA

 

·         É unha forma de enerxía.

·         O seu efecto produce cambios nos corpos. (poñemonos morenos, fotosíntese nas plantas).

·         Propágase en liña recta ate que choca cun corpo

·         Faino en  todas as direccións

·         A velocidade da luz é de  300.000 km/seg

·         Procede de fontes luminosas, ben porque  a fabrican ou porque a reflicten.

·         Existe a medida de “ano luz”, que é unha unidade de medida de lonxitude que se usa en astronomía. Equivale á distancia que percorre a luz nun ano.

·         A luz branca do sol  está formada por sete cores (arco da vella).

 

 

1.      A calor é o paso de enerxía entre corpos a distinta temperatura.

2.      A temperatura é unha propiedade  que teñen todos os corpos.

3.      A temperatura mídese co termómetro.

4.      A sensación de  quente ou frio témola  dependendo do material que toquemos e da nosa temperatura corporal.

5.      Se poñemos en contacto un corpo quente con outro frío, acabarán transferíndose calor un ao outro, o que se chama equilibrio térmico.

6.      Se metemos un ovo cocido a  80º nun cazo de auga fria, pasado un tempo, a auga  subirá de temperatura, e o ovo perderá parte dese calor acumulado que tiña (enerxía), lográndose o equilibrio térmico entre as dúas substancias.

 

Nós  ás veces  sentimos  calor,   sen ter febre,  porque  percibimos  a enerxía solar, en forma de calor, e por eso  soben as temperaturas no verán, e  fai calor.    E se tocamos algo frío, imos a sentilo máis frío no verán ca no inverno, porque a temperatura ambiente non é a mesma e  a sensación que nós temos tampouco é a mesma no verán que  no inverno.

 

OS COMPORTAMENTOS DA MATERIA.

As substancias e os materiais compórtanse de determinadas formas diante da luz, e según sexa este comportamento podemos ter:


             

Como se comporta a LUZ?

A luz  compórtase  de  diferente  xeito cando  tropeza cos corpos,  dependendo si  a reflicten ou a deixan pasar.

No caso de que  a reflicten, os raios de luz chocan contra ese corpo e rebotan, cambiando de dirección. A este fenómeno chámase REFLEXIÓN.  Este proceso ocorre cando utilizamos  espellos,  que  reflicten a luz e permítennos  ver outros corpos que non emiten luz, porque podemos dirixir os raios de luz hacia eles.

 

Se os raios de luz chegan a un corpo e o atravesan, os raios vanse  a desviar, e a este fenómeno  chámase REFRACCIÓN.

Éste é un proceso moi importante, porque  gracias a él deséñanse lentes, como  as lupas ou as gafas graduadas.

         E cómo inflúen as cores  na LUZ? Como é que  nós vemos  os obxectos dunha determinada cor?

É  un efecto da LUZ, que como está formada por sete cores, fai que  os vexamos dunha  ou doutra cor, e porque  nós temos  o noso sentido da vista provisto de  xens que nos permiten distinguir as diferentes cores.

Por exemplo, cando a luz  choca contra un corpo, parte dos seus raios son absorvidos por ese obxecto, mentras que outros son reflectidos e  chégannos aos nosos ollos, facendo que  vexamos ese obxecto  cunha determinada cor.

Exemplo:  nós vemos unha cartolina azul porque   a cartolina absorve todas as cores da luz branca que  cae sobre ela menos a azul  que a reflicte hacia nós, e por eso a vemos e a identificamos como azul.

E  o mesmo pasaría se fose doutra cor. No caso da cor branca,  reflíctense todas as cores da luz.

 

Pregunta:  Sabedes se os animais identifican  as cores igual ca os humanos? Por que?

 


Como se  comportan os materiais ante a calor?

A calor, cando incide sobre un corpo fai que  ése  sufra cambios.

Un corpo que recibe enerxía en forma de calor, aumenta de temperatura, dilátase(aumentando de tamaño) e mesmo pode cambiar de estado.


 

   Pregunta:  ¿Por que o aire quente ocupa máis espazo co aire frio?