Hoxe fixemos unha viaxe á Santiago de Compostela para visitar Meteogalicia e o Museo de Historia Natural da Universidade. Unha experiencia increíble!!!
Imos deixar aquí unha mostra do que vimos e vivimos en Meteogalicia.
Xá segun chegamos a Meteogalicia, recibiunos Ana Lage que nos indicou o que íamos ver ao longo da visita.
A continuación asistimos en vivo e en directo ao lanzamento dunha radiosondaxe que vai recollendo datos sobre a atmósfera que envía a Meteogalicia e alí os traballadores interpretan para ter mais datos á hora de predecir o tempo que vai facer.
Despois ensináronnos todos os elementos que hai nunha estación meteorolóxica e os distintos radares e sondas das que dispoñen.
E ate fixemos unha práctica de comprobar as horas de sol no día.
A continuación, pasamos á sala da predicción do tempo onde nos explicaron como elaboran os mapas coas prediccións, segundo os datos dos radares, das estacións, dos satélites e das cámaras web.
Por último asistimos a unha pequena charla sobre o Clima e o Tempo.
Queremos agradecerlle a todo o persoal de Meteogalicia pola súa acollida e tempo que nos adicaron.
No hay comentarios:
Publicar un comentario