jueves, 12 de septiembre de 2019

Elección de delegado de clase

Xa temos Delegado de clase..

Hoxe, primeiro día de clase,   fixemos unha tarefa importante..... eliximos entre todos  o Delegado e  Subdelegado de clase; que nos representarán  na interlocución co colexio, co titor se é preciso, ou cos demais profes.

Foi un proceso democrático, ó cal concurriron seis candidatos e candidatas e  o proceso de elección consistía en  votar a  un máximo de tres candidatos. Resultaría gañador/a  o candidado ou candidata que  acadase maior número de apoios.
Este foi o resultado:

John: 2 votos
Alma: 5 votos
Joel: 3 votos
Anxo: 7 votos
Lara: 6 votos
David: 9 votos.

En consecuencia,  o noso Delegado de clase será  David e o Subdelegado será Anxo.

Agora, responsabilidade e  bo facer!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario