Empezamos un novo tema en Sociais, sobre inicio da Idade Moderna que comezou a mediados do século XV e continuou ate o século XVIII.
Nesta época prodúcese un cambio no pensamento, nace unha nova corrente de pensamento que é o Humanismo que se centra no Home e nas súas capacidades, abandonando o pensamento medieval que centraba todo na Igrexa e na Relixión.
Deixovos aquí un breve esquema:
O inicio da Idade Moderna coincide con un fito histórico na península ibérica, a reunificación de todos os reinos excepto o de Portugal, baixo unha mesma dinastía e relixión, a dinastía dos Reis Católicos e a relixión católica.
Neste esquema podedes ver o esencial destes reis.
Temos un par de videos nos que podedes ver cómo foi o proceso....
En 1942 producíronse dous feitos importantes para o futuro do reinado dos Reis Católicos. Conquistaron o último reino nazarí, o de Granada, e produciuse o descobremento de América.
No hay comentarios:
Publicar un comentario