Semana da Letras Galegas 2020
Iniciamos a Semana das Letras e coma sempre temos
que seguir o ritmo destes anos, e seguir a facer no noso Colexio moitas actividades.... estes
cursos pasados faciamos unha boa
celebración desta data, e este ano,
aínda que estemos confinados nas nosas casas, e
non poidamos celebralo todo como nós
quixeramos, imos facer un esforzo
e, utilizando todos os medios posibles, imos
tratar de facer cousas divertidas
ao tempo que aprenderemos cousas sobre Ricardo Carballo Calero, o noso escritor que este ano é o homenaxeado.
Para empezar, botádelle unha ollada ó blog da biblioteca,
onde tedes moita información sobre esta
data. E incluso hai xogos moi divertidos
para aprender cousas sobre o noso homenaxeado.
Imos facer varias cousas:
1.
Desde a
Biblioteca propóñense unha serie de actividades que son moi
divertidas. Deixovos o enlace para que vexades o que
tedes que facer.:
2.
Imos estudar
aspectos da vida e obra de
Carballo Calero, así que vos propoño as seguintes actividades:
2.1
Lede con atención a
Biografía de Carballo Calero
que vos adxunto no correo e que
coloquei no DRIVE.(Carpeta: Semana das Letras 2020)
2.2 A continuación, podedes practicar sobre a súa biografía, no seguinte enlace: http://seminariogalan.org/inicio/ver/470
2.3
Logo, despois de
ler o documento da biografía
e practicar, tedes que elaborar unha pequena ficha biográfica cos datos esenciales do escritor, segundo o modelo
que aparece na seguinte páxina e que tamén vos deixo no blog
e no DRIVE.
2.4
Realizar a actividade en liña que aparece no seguinte enlace: http://seminariogalan.org/inicio/ver/472 ,
para practicar sobre a súa
vida e obra.
2.5
Facer unha pequena caricatura que incorporaredes á ficha biográfica en lugar
dunha foto.
2.6
Realizar as actividades interdisciplinares que vos
propoño nas páxinas seguintes. Debede facelos e enviar unha foto do resultado dos mesmos e enviarmas.
Actividades interdisciplinares
1.
A partires
dos datos que aparecen nas páxinas 32-36 da biografía de Carballo Calero
que vos enviei, debedes facer unha liña de tempo onde
situedes cronolóxicamente todos eses acontecementos que aparecen nesas páxinas.
2.
Cos
datos recollidos nas
páxinas 37-39 sobre as publicacións de Carballo Calero, tedes que elaborar unha táboa co número de
publicacións de cada tipo nos que se clasifican esas publicacións.
3.
Con eses
mesmos datos, debedes elaborar un gráfico coas porcentaxes de cada un dos
tipos de publicacións que fixo este
autor. Por exemplo, se en total escribiu ou participou en 46 obras,
as publicacións de teatro significarían un 4,4 %.
No hay comentarios:
Publicar un comentario