martes, 5 de mayo de 2020

Tarefas 05 de maio de 2020

Iniciamos un novo periodo de confinamento na fase 0, pero temos que seguir a  repasar e  ampliar  contidos. Que  temos que seguir aprendendo. Desta vez imos  experimentar en Naturais e  en Matemáticas.


TAREFAS PARA  ESTUDAR NA CASA        05/05/20
CIENCIAS NATURAIS

1.      Imos  ver  algunhas  cousas sobre  a Materia. No curso pasado xa vimos  as propiedades e  agora imos ver os estados, as mesturas e os cambios que sofre a materia.
Teredes que estudar os esquemas que  vos poño a continuación.
Vídeo 1.: A materia 1
Esquemas.



Vídeo 3:  Cambios de estado1




Vídeo 5.: As mesturas







Prácticas:
            Vídeo 7: Explicación de dúas prácticas.

Deberedes facer as prácticas que  se propoñen e   anotar todo o proceso nunha ficha que pode ser así:

Nome do experiento:
Substancias:
Mateirais empregados:
Proceso:
Resolución:


1.      Practica 1: Descubrir, calcular o volume dun corpo sólido irregular introducíndoo  nun recipiente graduado con auga. Observade o vídeo 8, e logo medide canto sobe o volume de auga no voso experimento. Ese será o volume equivalente ó corpo sumerxido na auga.

2.      Practica 2: Razonamento:  Deberedes contestar   que ocupará  máis  volume  1 Tonelada de herba seca ou 1 Tonelada de ferro?.


3.      Práctica 3: Filtración: seguindo os apuntes. Por exemplo podedes mezclar café  con auga e  despois tratar de separar estas dúas substancias.

4.      Práctica 4: No  vídeo 6, márcase  unha  práctica de “evaporación”, que  tedes que observar durante uns días, e logo presentar os resultados. Precisades de varios días hasta que observedes que se evaporou toda a auga. Anotar ben os días.


*As fichas destas prácticas deberán entregarse como moi tarde o 10 de maio.

MATEMÁTICAS


Vamos a ver algunos conceptos  sobre  Volumen y Capacidad, y  luego hacer algunos ejercicios. Mirad los videos y fijaros en los apuntes.








Ahora podeis ver el siguiente video:  El profe desde casa.

 A continuación os dejo unos ejercicios para practicar.





 

viernes, 1 de mayo de 2020

Chega maio e xurden o maios


Coa chegada do mes de maio  retomamos  unha  costume moi arraigada  en Ourense, como é  a creación de  maios.

Imos compartir  convosco  neste  páxina os maios que os nosos alumnos de  sexto  xunto coas  súas familias  irán  facendo ó longo do fin de semana.

Xa temos o primeiro, que nos envían desde A Xironda, Inés e  o seu irmán, Iván. 

 






Pero tamén ten copla que  nos deixa Inés.

 

E xa temos o segundo maio.... nolo envía David...


E Alba  tamén fixo o seu maio...tamén moi bonito.

 

O primeiro de maio

Sabías  por que se conmemora hoxe o Día internacional do Traballo?


Dous alumn@s de  sexto  vannos  deixar aquí as súas investigacions ó respecto...

Para Inés...

 

O 1º de maio de cada ano celébrase o Día Internacional do Trabllador en homenaxe aos "Mártires de Chicago", así denominado un grupo de sindicalistas anarquistas que foron executados en 1886 en Estados Unidos por realizar un reclamo laboral. Os traballadores demandaban a reducción da xornada laboral a 8 horas, xa que solían traballar ata 16 horas diarias. Ante a presión dos paros o presidente de Estados Unidos, Andrew Johnson, promulgou unha lei que establecía as 8 horas de traballo diario. Sen embargo o sector empresarial decidíu non acatala, polo que os traballadores da cidade industrial de Chicago iniciaron unha folga o 1º de mayo. Un movemento liderado por Albert Pearsons xuntou a máis de 80 mil traballadores. Foi calificado como "indignante e irrespetuoso" e como un "delirio de lunáticos pouco patriota".



Para Joel......


O 1 de maio  celebrase na gran parte do mundo o Día Internacional do Traballador. Neste día festivo  reivindicanse os dereitos laborais dos traballadores.
É unha xornada de homenaxe a os Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas que foron executados en Estados Unidos por participar nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de 8 horas, que tuviron  o seu orixen na folga iniciada o  1 de maio de 1886.
   A data foi elexida pola Segunda Internacional para manifestarse polo establecemento legal da xornada laboral das oito horas, polas demandas do proletariado e a paz universal.
No  Día do Traballador sigue  reivindicándose  os dereitos  laborais, aunque non en todos os países se celebra o 1 de maio. En EE.UU. e Canadá existe o 'Labor Day' (Día do traballo) o 1 de setembro; en Australia cada estado federal ten unha data diferente; e en Nova Zelanda, se celebra o cuarto luns de outubro. Dinamarca o Países Baixos non teñen unha festividade específica dedicada aos traballadores.


Noraboa aos dous, polo voso traballo.