martes, 29 de enero de 2019

Día da Paz e da Non Violencia

Traballamos  en clase para  preparar a celebración do  día da Paz.

Estos  días  estivemos traballando  para a celebración do día da Paz. Deixamos  eiquí  algunhas das cousa que  fixemos: Receitas  para  a Paz..










Compuxemos un pequeno mural xunto cos compañeiros  e compañeiras de sexto, co rosco de pasapalabra sobre Valores e   de dedicatorias do Premio Noebel...

E tamén  decoramos un pouco a porta da clase.....coa nosa árbore da Paz


Hoxe, 30 de  xaneiro de  2019 celebramos en todo o Colexio o Dia da Paz e da Non Violencia. Tódalas clases  fixeron receitas da Paz e  presentámolas a tódolos compañeiros e compañerias.
Eiquí vos deixamos os videos da presentación das nosas.

 

E colocamos as nosas máns de Paz  pola  escaleira principal....




jueves, 24 de enero de 2019

Equipos de traballo en CN

Estes días  pasados estivemos investigando en  grupos de traballo, sobre os  seres vivos e  as súas funcións vitais.  Deixamos a continuación as imaxes dos traballos expostos.





Cada grupo fixo  a correspondente exposición  dos seus traballos dunha maneira  moi creativa e con responsabilidade.



martes, 8 de enero de 2019

Frase do mes

Cada  aula  debe  deseñar unha  frase  que  preside a entrada no noso centro durante un tempo. A clase de  5º,  reflexionando  sobre  os procesos de aprendizaxe, elaboramos  a seguinte:


 
O que  aprendemos  sempre está en función do nivel de antención e  de entendemento das cousas que facemos.

sábado, 22 de diciembre de 2018

E chegou o NADAL

Elaboramos na  clase  adornos para a árbore de Nadal da entrada. Deixámolo cheo de bos  desexos non só para estas datas senón tamén para todo o ano.



E  ata  veu Papá Noel ao colexio, e como somos moi bos alumnos,  veu cargado de agasallos para tódolos alumnos e alumnas.

lunes, 26 de noviembre de 2018

Nón á violencia de xénero!!!

O 25  de novembro celebramos o Dia  da Non Violencia  de  Xénero. Estivemos traallando para a elaboración dun  lazo  que  recolle  frases contra a violencia e  mostramos o rexeitamento de  calquer tipo de violencia de xénero.
Presentando o  traballo feito. Este lazo  está presente  nunha das ventás da aula.



sábado, 10 de noviembre de 2018

O Magosto

  • Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.


Polo San Martiño,  celebramos o Magosto   no noso patio, con moitas actividades e coa  degustación de ricas castañas asadas  no patio polos profes.Pero tamén  traballamos  contidos propios desta data. 

Os alumnos, por grupos estivemos  traballando sobre os diversos tipos de castañas, sobre a súa producción e comercialización, sobre os castiñeiros, refraneiros, ditos e  vocabularoio propio deste tema. 
Deixámos eiquí unha  escolma do que  fixemos e como traballamos.









Recollemos algúns refráns  sobre o "Castañal"  e  o que rodea o Magosto.


  • A castaña que está no camiño é do veciño.
  • A castaña quere en agosto arder e en setembro beber.
  • As castañas están caendo e estanse facendo.
  • Castañas no Nadal, saben ben e pártense mal.
  • Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
  • Non quero pereira, quero castiñeiros para ter castañas o ano enteiro.
  • O que non sabe de mañas, non come castañas.

Pero tamén  se escoitan  cantigas....
  •   A castaña no ourizo,/ quixo rir e regañou,/ caeu do castiñeiro abaixo,/ vaia tombo que levou. 
  • As castañas son castañas,/ os orizos son orizos,/ os ollos da túa cara/ para min son dous feitizos
  • Non chas quero, non chas quero,/ castañas do teu magosto;/ non chas quero, non chas quero,/ que me cheiran a chamosco.
  •   Señora María,/ Señor Manoel,/ castañas asadas/ e viño con mel

A calidade dos traballos  foi moi alta.....








E posto que  este curso traballamos aspectos do cine,  tuneamos unhas poucas castañas con motivos cinematográficos. Esto foi o que  resultou: