- Castañas,
noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
Polo San Martiño, celebramos o Magosto no noso patio, con moitas actividades e coa degustación de ricas castañas asadas no patio polos profes.Pero tamén traballamos contidos propios desta data.
Os alumnos, por grupos estivemos traballando sobre os diversos tipos de castañas, sobre a súa producción e comercialización, sobre os castiñeiros, refraneiros, ditos e vocabularoio propio deste tema.
Deixámos eiquí unha escolma do que fixemos e como traballamos.
Recollemos algúns
refráns sobre o "Castañal" e o que rodea o Magosto.
- A
castaña que está no camiño é do veciño.
- A
castaña quere en agosto arder e en setembro beber.
- As
castañas están caendo e estanse facendo.
- Castañas
no Nadal, saben ben e pártense mal.
- Castañas,
noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
- Non
quero pereira, quero castiñeiros para ter castañas o ano enteiro.
- O
que non sabe de mañas, non come castañas.
Pero tamén se escoitan
cantigas....
-
A
castaña no ourizo,/ quixo rir e regañou,/ caeu do castiñeiro abaixo,/ vaia
tombo que levou.
- As castañas son castañas,/ os orizos son orizos,/ os
ollos da túa cara/ para min son dous feitizos
- Non chas quero, non chas quero,/ castañas do teu
magosto;/ non chas quero, non chas quero,/ que me cheiran a chamosco.
-
Señora María,/ Señor Manoel,/ castañas asadas/ e
viño con mel
A calidade dos traballos foi moi alta.....
E posto que este curso traballamos aspectos do cine, tuneamos unhas poucas castañas con motivos cinematográficos. Esto foi o que resultou: