viernes, 22 de febrero de 2019

Comadres e Compadres

O próximo xoves celebraremos o  día de Comadres e Compadres

Hoxe  estivemos preparando as comadres e compadres que   nos acompañarán  o vindeiro xoves na celebración.









jueves, 21 de febrero de 2019

Taller de Habilidades Sociales

Traballando cómo nos podemos sentir  e cómo nos relacionamos.....

Hoxe  contamos coa colaboración da Cruz Vermella de forma que  unha persoa experta en  habilidades sociais nos  veu  a  falar sobre  Habilidades Sociais.

Ó longo de  hora e media  puidemos coñecer  algo mais   de nós mesmos, para poder  relacionarnos mellor cos demais. Coñecernos mellor a nós mesmos, poñerse no lugar dos demais,  coñecer os nosos medos,  saber do que  somos capaces...., son aspectos moi importantes  para poder  relacionarnos  mellor  cos demais. 
Vivimos  en  sociedade e por tanto relacionámonos  con outras personas e  para elo non só temos que  coñecernos ben a nós mesmos senón tamén   temos que  saber interpretar os xestos, os momentos, a forma de expresarse, .... da persoa ou persoas coas que  interactuamos, para pode  ter unha comunicacion exitosa con esas persoas.
O traballo en equipo e  de forma colaborativa exíxenos  o mellor de nós,  ser capaces de  conseguir o maior beneficio  para o grupo por encima das individualidades de cada un.  Dito doutra forma,  obter algo satisfactorio para todos  coas  mínimas  perdas individuais. 

Deixámosvos  eiquí  unhas poucas instantáneas.....








miércoles, 20 de febrero de 2019

A Lingua Materna 2019

Traballamos sobre a Língua Materna.

Hoxe estivemos traballando sobre  vocabulario en relación á nosa lingua materna. Tiñamos que  escoller unha palabra, inventar un significado para ela e  logo a continuación, poñer o significado real e verdadeiro.

Este foi o resultado.....






martes, 29 de enero de 2019

Día da Paz e da Non Violencia

Traballamos  en clase para  preparar a celebración do  día da Paz.

Estos  días  estivemos traballando  para a celebración do día da Paz. Deixamos  eiquí  algunhas das cousa que  fixemos: Receitas  para  a Paz..










Compuxemos un pequeno mural xunto cos compañeiros  e compañeiras de sexto, co rosco de pasapalabra sobre Valores e   de dedicatorias do Premio Noebel...

E tamén  decoramos un pouco a porta da clase.....coa nosa árbore da Paz


Hoxe, 30 de  xaneiro de  2019 celebramos en todo o Colexio o Dia da Paz e da Non Violencia. Tódalas clases  fixeron receitas da Paz e  presentámolas a tódolos compañeiros e compañerias.
Eiquí vos deixamos os videos da presentación das nosas.

 

E colocamos as nosas máns de Paz  pola  escaleira principal....




jueves, 24 de enero de 2019

Equipos de traballo en CN

Estes días  pasados estivemos investigando en  grupos de traballo, sobre os  seres vivos e  as súas funcións vitais.  Deixamos a continuación as imaxes dos traballos expostos.





Cada grupo fixo  a correspondente exposición  dos seus traballos dunha maneira  moi creativa e con responsabilidade.



martes, 8 de enero de 2019

Frase do mes

Cada  aula  debe  deseñar unha  frase  que  preside a entrada no noso centro durante un tempo. A clase de  5º,  reflexionando  sobre  os procesos de aprendizaxe, elaboramos  a seguinte:


 
O que  aprendemos  sempre está en función do nivel de antención e  de entendemento das cousas que facemos.

sábado, 22 de diciembre de 2018

E chegou o NADAL

Elaboramos na  clase  adornos para a árbore de Nadal da entrada. Deixámolo cheo de bos  desexos non só para estas datas senón tamén para todo o ano.



E  ata  veu Papá Noel ao colexio, e como somos moi bos alumnos,  veu cargado de agasallos para tódolos alumnos e alumnas.