miércoles, 12 de junio de 2019

O sabor da aventura está no mar



Hoxe  visitamos  Baiona,  dentro do proxecto "O sabor da aventura está no mar".

Visitamos o puerto onde nos explicaron algunhas artes de pesca. Fomos ver a lonxa onde  nos explicaron cómo se  fan  as subastas de peixes, e coincidimos  co pesado dunhas colleitas de  navallas que  trouxeron uns buzos.










 A continuación fomos  a Casa de Navegación de Baiona, onde  estivemos vendo cousas  moi interesantes.






 A continuación fomos a degustar uns produtos do mar: ensalada con merluza e  hamburguesa de  dorada. Alí nos deron algúns agasallos.





 Logo, fomos a  dar unha  volta polos arredores do Castelo,  ao redor do Monte do Boi, onde  está o Parador, e  despois  visitamos a carabela A Pinta, vamos, unha réplica, que está  fondeada no porto.




Unha viaxe moi completa e interesante.

martes, 11 de junio de 2019

Segunda sesión do taller de Igualdade

Hoxe  tivemos a segunda sesión do taller  de Igualdade  que  Alberto e Antía  nos  viñeron a impartir  entre onte e hoxe.

Hoxe  traballamos  tamén en  equipo, elabarando gráficamente e contandolles aos demais compañerios unha historia  sobre  un cativo ou unha cativa. Finalmente, tiñamos que  darlle  un consello para  que percorrera   o seu camiño de vida, segundo as súas decisións.

Deixámosvos aquí unha  morea de fotos dos diversos momentos da sesión.

 Primeiro elaboramos o conto a partires  de datos que  nos proporcionaron Antía e Alberto....







 


 
 E unha  vez  terminada   a elaboración, contómoslles aos compañeiros o que cada equipo fixera.




 
A continuación  fixemos  unha excenificación para  comprobar   algún dos aspectos   do que se coñece como  amores tóxicos, ou  relacións non baseadas na confianza, no respecto e na sinceridade.

 

Deixámosvos unha mostra con un pequeno video......

A partires desta escea,  estivemos traballando  as cuestións que  xordían e   a necesidade de  superar este tipo de relacións  que non se  basean na confianza,  no respecto hacia a outra persoa e  na sinceridade. 









lunes, 10 de junio de 2019

Aprendendo cousas sobre IGUALDADE

Hoxe  participamos na primeira sesión  dun taller  de Igualdade que  nos  veñen a  impartir uns profesionais a través dun convenio co Concello de Toén. Este taller  durará un par de días  con varias sesións por día.. Mañá teremos a segunda parte.
Deixámosvos aquí  un par de  fotos para   reflexalo.... do traballo en grupo, creando  un producto  con consenso a partires de unhas liñas básicas que  os monitores nos deron.







 Este  foi o resultado final que  lles contamos aos nosos  compañeiros. A historia  dun neno e dunha nena dende a súa  infancia ate a súa xubilación, creada a partires dunha fotografía e unhas indicacións que  Antía e Alberto nos deixaron a cada grupo.




viernes, 7 de junio de 2019

Charla sobre primeiros auxilios

Hoxe  tivemos a sorte de contar con  dous profesionais do ramo sanitario, enfermeiros do CHUO, que nos viñeron dar unha charla   sobre  PRIMEIROS AUXILIOS. Estivemos  aprendendo  qué e como debemos facer e actuar  ante unha persoa que    pode  sufrir un accidente, perder a consciencia, atragantarse ou mesmo non respirar....
Deixámosvos aquí unha mostra da sesión.