lunes, 16 de marzo de 2020

Indicacións para o estudo na casa.


Indicacións  para  a realización de tarefas  durante  este período  sen clases.

6º de Primaria.

Alumn@s de 6º:


Ao longo deste días que  tedes que quedar nas vosas casas, mentres non  volve haber clase, ides ter tempo para  facer moitas cousas, pero non podedes perder o ritmo de estudo que  viñades mantendo.
É importante  que  manteñades unhas rutinas cada día, moi  similares   a se estiverades  no colexio. Debedes marcarvos  un horario para cada día, e  erguerse á mesma  hora, non cando a un lle apeteza.... senón aproveitar o tempo. 
*   A primeira hora podedes repasar as instruccións que vos vaia poñendo no blog ou no correo, estudiar os apuntes e  facer  exercicios.
*   Despois podedes facer un pequeno descanso.
*   Logo  retomades as tarefas ate a hora de comer.
*   E non vos olvidedes de  ler unha hora cada día.
Outra recomendación que vos fago é  que  fagades un planing para cada día e anotedes o que  facedes,  unha especie de axenda onde apuntedes o que  estudiades cada día, e por  asignaturas.
É importante  facer as tarefas, pero  tamén é moi importante  estudar  tódolos días e de forma planificada.
 Debemos aproveitar o tempo para  ler, para estudar, para xogar, para investigar, etc. ,  ides ter tempo para todo pero teredes que adicar  alomenos unha hora diaria á lectura. 
Seguro que  en casa  tedes algún libro de lectura, de aventuras, algunha novela adaptada,.... ou mesmo ler nos  libros de sociais, especialmente  os temas de historia.
Eu ireivos colocando  no DRIVE, nunha carpeta que  terá de nome: Estudar na casa, as tarefas que  teñades que facer.
Tanto no blog coma no DRIVE, ireivos colocando cada semana as tarefas a facer durante a mesma,  en cada unha das  áreas.
No blog tamén hai unha pestana que  ten ese nome e ahí colocarei as tarefas e explicacións.:

Estas tarefas  que se  realicen  na casa durante este tempo, revisaranse e valorararémolas  á  volta  ás clases, e  teranse en conta para a terceira avaliación.

Toén, 16 de  marzo de  2020.

sábado, 14 de marzo de 2020

miércoles, 11 de marzo de 2020

Estudiamos o Coronavirus

Estes días  estivemos traballando  sobre  o COVID-19,  o famoso coronavirus que  xa lema  máis de  100.000 persoas infectadas en todo o mundo e que está  producir unha psicose terrible na poboación..

Deixámosvos aquí algúns un enlace aos traballos que fixemos e presentamos na claes...



martes, 10 de marzo de 2020

Celebramos o día Internacional da Muller

Ainda que  hai dous  foi o Día Internacional da Muller,  nós celebrámolo hoxe, e  estivemos  preparando diferentes  esculturas  con materiais reciclados onde colocamos  datos  de mulleres galegas importantes  en diversos eidos: cultura, deporte, ciencia, artes, ......

 

 

lunes, 9 de marzo de 2020

Estudiamos Europa



OS  CLIMAS DE EUROPA



Temperaturas
Precipitacións
Localización
Vexetación

OCEÁNICO

Suaves todo o ano. Invernos e veráns suaves
Constantes aínda que no verán diminúen
Noroeste do continente.
No Oeste de Europa, encontramos árbores caducifolias (carballos, faias,..)
Na  costa destaca a landa, arbustos e matogueiras.
CONTINENTAL

Temperatura extremas. Moito frío nos longos invernos e moito calor nos curtos veráns.
Escasas.
Máis habituais en primavera e outono
Centro-Europa e  maioritariamente en Rusia
No centro e leste de Europa, praderías e estepas.
 No norte a taiga, con bosques de piñeiros e abetos.
MEDITERRÁNEO

Invernos suaves e  veráns cálidos
Escasas e irregulares
En ocasións son torrenciais
Sureste de España, Sur de Francia, Italia, Balcanes, Grecia,…

No sur do continente, matogueiras, arbustos, árbores de folla perenne (aciñeira, sobreira e piñeiro)
POLAR

Temperaturas baixas todo o ano. Extremas en frío.
Moi escasas e  en forma de neve
Norte dos países escandinavos, Islandia e  a Siberia rusa.
Predomina a tundra: musgos e  líquens.
Ausencia de árbores.
ALTA MONTAÑA

Invernos fríos e veráns frescos
Neve no inverno e  chuvia no verán.
Frecuentes trebodas
Sistemas montañosos: Zonas Pirineos, Alpes, Cáucaso, Montes Escandinavos, Urales.
Bosques  sobre todo de abetos e prados extensos.

SUBTROPICAL

Suaves todo o ano
Moi escasas. Ocasionalmente torrenciais
Illas Canarias.
Especies autóctonas como o piñeiro canario e o drago.

A vexetación é un dos elementos mais determinantes da paixase. E o tipo de vexetación virá  determinado pola  humidade, as horas de luz e  a altitude.

Así, nun determinado lugar  crecerán determinadas plantas en función da humidade que  haxa, da altitude en que se encontré e  das horas de luz que  haxa.



viernes, 6 de marzo de 2020

Primeiro contacto con Secundaria

Hoxe  tivemos o primeiro contacto  co IES O COUTO, a través da  súa  Orientadora, a profesora Sonia, que  veu  ao noso colexio a  informarnos  sobre  determinadas  cuestións  do Instituto de cara ao curso  vindeiro. O paso a Secundaria  xa está próximo e  temos que  ter toda a información necesaria para facelo máis doado.
Hoxe a Orientadora  comentounos  cousas sobre horarios, clases, grupos, profesorado, espacios, normas,..... e  vimos un pequeno video sobre o Instituto, como  antesala  da visita que fagamos en maio-xuño donde poderemos ver todas as instalacións.
Puidemos  facer preguntas,   despexar algunhas dúbidas que tiñamos,  en definitiva, unha xornada moi interesante....















Hasta nos emocionamos cando vimos no video algún coñecido...

martes, 3 de marzo de 2020

Celebrando día de Rosalía

Aínda que  uns días máis tarde,  quixemos celebrar   o Día de Rosalía,  traballando  algún dos seus poemarios e  facendo unha posta en común.  Xa adiantamos  algo  en  entradas anteriores, pero  deixámosvos aquí unhas fotos da posta en escea este martes 3 de  marzo.
















 E para  rematar,  interpretamos unha canción de Rosalía,  adaptada  para  a ocasión.....
"Mala xente"....