viernes, 8 de noviembre de 2019

Fomos o Teatro

Hoxe  asistimos a unha representación de teatro moi interesante.
Baixo  o título de  Troya,  os actores foron  presentándonos os perigos das redes sociais,  algunhas cousas que poden pasar se non as usamos correctamente...... algo que  xa no curso pasado   vimos  nas  charlas  que os expertos nos deron no colexio.

Tivemos tempo para  o bocadillo de media mañá.....



Esperando pola actuación......


Ao final, disfrutamos  coa obra.!!!

miércoles, 30 de octubre de 2019

SAMAÍN, SAMAÍN, SAMAÍN,.......

Hoxe celebramos o Samaín no noso Colexio.... e pasámolo de medo.

A mañá xa viñemos todos disfrazados, cada un  ao seu xeito, pero  en conxunto estabamos todos moi ben presentados......


 Fixémonos fotos cos nosos compañeiros.....
E  con algún profe.....

 Aquí estamos nós  co noso titor, Xosé.


Despois do recreo,  os  compañerios foron pasando  pola Casa do Terror!!!!!!!  Que  estivemos preparando onte os  alumnos e alumnas de  6º.
Foi expectacular.!!!! E había  colas......até que  pasaron todos pola casa.








Mais tarde  desfilamos polo ximnasio,....con estas pintas.....!!!!!







Finalmente, despois  de  gardar os nosos ECOMEDOS nunha caixa máxica para  que non poidan facerse  realidade,  fixemos a pócima do Samaín. Deixámosvos aquí un video do proceso....

martes, 29 de octubre de 2019

Cousas de Ciencias

Aquí temos algúns traballos sobre a célula....


Un virus invade o colexio.....

Un virus  malévolo invade o noso colexio e  varios grupos de alumnos tratan de  investigar cómo chegar aos antídotos seguindo as  pistas que vai deixando. Mesmo saiu na prensa destes días.!!!!

 Algunhas pistas.....

 Xa están enfaenados buscando información.....
Con todos os medios ao seu alcance.....
 


 Ao final teñen que chegar  aquí. Nestas caixas  deberán estar  os antídotos.!!!

Efrén, tamén lles  botou unha man!!!



Finalmente conseguiron abrir os cofres, tomar os antídotos, salvarse e salvar a todo o colexio.
Excelente brigada antivirus!!!!!!

jueves, 17 de octubre de 2019

SOCIAIS: Os Reis Católicos

Empezamos un novo tema en Sociais, sobre  inicio da Idade Moderna que  comezou a mediados do século XV e  continuou  ate  o século XVIII.

Nesta época prodúcese un cambio  no pensamento, nace unha  nova corrente  de pensamento que é o Humanismo que  se centra  no Home e nas súas  capacidades, abandonando  o pensamento medieval que  centraba todo na Igrexa e na Relixión.
Deixovos  aquí un breve esquema:




O inicio da Idade Moderna coincide con un fito histórico na  península ibérica,   a reunificación de  todos os reinos excepto o de Portugal, baixo unha mesma dinastía e  relixión, a  dinastía dos Reis Católicos e a relixión católica.
Neste esquema podedes ver  o esencial destes reis.



Temos un par de videos  nos que  podedes  ver cómo foi o proceso....


En 1942 producíronse  dous  feitos  importantes para o futuro do reinado dos Reis Católicos. Conquistaron o  último  reino nazarí, o de Granada, e  produciuse o descobremento de América.

lunes, 14 de octubre de 2019

Os seres vivos e a célula



Imos estudiar  a CÉLULA e  os Seres Vivos.....




Este video  sencillo é moi clarificador do que é unha célula.

este tamén, aínda que con máis contido.



Se queredes   profundizar neste  estudo, podedes facelo no seguinte  video  que é  máis extenso.





jueves, 3 de octubre de 2019

A reciclar toca!!!!!

Iniamos este curso un novo Proxecto Documental de centro  referido ao  Desenvolvemento  Sostible e que nós  nomeamos como:  R que R que R

Hoxe,  algúns  alumnos/as de  6º,  que  durante o curso pasado xa formamos parte da Patrulla  Verde,  fomos polas  clases  para  repartir os sacos de Reciclaxe  que   nos remitiron desde Sogama. Imos a  practicar co exemplo e  separar  os   residuos que  poidamos xerar.
Deixámosvos  unhas  instantáneas......





 E tamén un video de cómo explican o que  imos facer....