lunes, 11 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS 2020

Semana da Letras Galegas 2020


Iniciamos a Semana das Letras e coma sempre temos que  seguir o ritmo destes anos, e  seguir a facer  no noso Colexio moitas actividades.... estes cursos pasados  faciamos unha boa celebración desta data, e  este ano, aínda que estemos confinados nas nosas casas, e  non poidamos celebralo todo como nós  quixeramos,  imos facer un esforzo e, utilizando todos os medios posibles, imos  tratar de  facer cousas divertidas ao tempo que aprenderemos cousas sobre Ricardo Carballo Calero,  o noso escritor que  este ano é o homenaxeado.

Para empezar, botádelle unha ollada ó blog da biblioteca, onde  tedes moita información sobre esta data. E incluso hai  xogos moi divertidos para aprender cousas sobre o noso homenaxeado.
 
Imos  facer varias cousas:

1.     Desde a Biblioteca  propóñense  unha serie de actividades que son moi divertidas.  Deixovos o enlace para que  vexades o que  tedes que facer.:


2.     Imos  estudar  aspectos da vida  e obra de Carballo Calero, así que vos propoño as seguintes actividades:

2.1   Lede con atención a  Biografía de  Carballo Calero que  vos adxunto no correo e  que  coloquei no  DRIVE.(Carpeta: Semana das Letras 2020)
2.2 A continuación, podedes practicar  sobre a súa biografía, no seguinte enlace: http://seminariogalan.org/inicio/ver/470
2.3   Logo, despois de  ler  o documento da biografía e  practicar, tedes que  elaborar unha pequena ficha biográfica cos datos esenciales do escritor, segundo o modelo que  aparece na  seguinte páxina e que tamén vos deixo no blog e no DRIVE.
2.4   Realizar a actividade en liña que  aparece no seguinte enlace: http://seminariogalan.org/inicio/ver/472  ,     para  practicar sobre  a súa  vida e obra.
2.5   Facer unha pequena caricatura que  incorporaredes á ficha biográfica en lugar dunha foto.
2.6   Realizar as actividades interdisciplinares que vos propoño nas páxinas seguintes. Debede facelos e enviar unha foto  do resultado dos mesmos e enviarmas.


Actividades  interdisciplinares

1.     A partires dos datos que aparecen nas páxinas 32-36 da biografía de Carballo Calero que  vos enviei,  debedes facer unha liña de tempo onde situedes cronolóxicamente todos eses acontecementos que aparecen nesas páxinas.


2.     Cos datos  recollidos  nas  páxinas  37-39 sobre  as publicacións de Carballo Calero,  tedes que elaborar unha táboa co número de publicacións de cada tipo nos que se clasifican esas publicacións.


3.     Con eses mesmos datos, debedes elaborar un gráfico coas porcentaxes de cada un dos tipos de  publicacións que fixo este autor. Por exemplo, se  en total escribiu ou participou en  46 obras,   as publicacións de teatro significarían un 4,4 %.
 

viernes, 8 de mayo de 2020

Experimentando en Ciencias

Estes días temos montados  minilaboratorios de Ciencias   en casa para experimentar  cos procesos de separación de  mesturas, para as clases de Naturais.
Compartimos algúns dos experimentos.....

Proceso de Evaporación:




Aquí temos os experimentos de Inés. Clica aquí.

 Premendo aquí podemos  ver os experimentos de Joel

Experimento de Filtración de Alba

Os experimentos de Alma

Os experimentos de Gabriel

Os experimentos de Lara

 



E a continuación os experimentos de David:
PRÁCTICA 1:
 

·      Nome do experimento: volumen de corpo sólido
·      Materiales empregados
o   Unha pataca
o   Un tarro medidor con auga.
·      Proceso:
Votamos auga nun recipiente con medidor hasta os 300ml.
Collemos unha pataca e metémola dentro da auga e comprobamos o que sube a auga, que neste caso sube hasta os 350ml.
·      Resolucion:
A auga sube un total de 50ml, polo tanto este e o volumen da pataca.

 PRÁCTICA 2:


·      Nome do experimento: volumen Herba/ferro
·      Materiales empregados:
o   Duas cubetas
o   Herba
o   Ferro
·      Proceso :
Enchemos unha cubeta con herba e na outra metemos un aparello  de ferro que ocupa menos volumen que a herba.
·      Resolución:
A herba que ocupa mais volume que o ferro pesa moitisimo menos.
Polo tanto en comparación unha Tonelada de herba ocupa moitisimo mais volume que unha tonelada de ferro.

PRÁCTICA 3:


·      Nome do experimento: Filtración
·      Materiais empregados:
o   Café
o   Un vaso con auga
o   Un recipiente cun filtro.
·      Proceso:
Votamos unha cucharada de café no vaso con auga e removemos hasta que se mesturan. Despois vertemos o contido no recipiente co filtro.
·      Resolución:
O verter o contido no filtro vemos como a auga cae ao recipiente e o café queda no filtro.

Algúns experimentos de Andrea:


 

Algúns experimentos de Aixa:



Experimento de Evaporación


Aquí temos as fichas experimentais de John:


Experimento 1: calcular o volume dun corpo irregular
Substancias: auga
Materiais empregados: auga, pedra, vaso de medidas
Proceso: verter auga no vaso de medidas ata a metade,  comprobamos a medida que nos da , logo metemos a pedra no vaso  e volvemos mirar a medida que nos da, para saber cal e o volume da pedra so nos falta restar a segunda medida a primeira.
Resolución: na primeira medida a auga estaba por  400ml o botar a pedra subiu a 450ml   así que 450ml menos 400ml danos 50ml  que é o volume da pedra.
 
Experimento 2:  cal e o que mais volume ocupa? 
Materiais  empregados: 1 tonelada de ferro é 1 tonelada de herba seca. 
Resolución:  a herba seca e a que mais volume ocupa xa que a densidade  do ferro e moito mais alto. O ferro ocupa  0.128 metros cúbicos e a herba seca 1.5 m3 por tonelada
 
Experimento 3: filtración 
Substancias:  auga, café
Materiais empregados: vaso, auga , café , filtro , xerra
Proceso: vertemos auga na xara engadimos o café  e mesturamos.
Resolución:  poñeremos o filtro encima do vaso e vertemos a mestura no filtro o resultado será que no filtro vai quedar o café, no vaso estará a auga sen restos.
 
Experimento4: Evaporación
Substancias: Auga 
Materiais empregados: Auga, sal, prato e vaso
Proceso: Votar auga e sal nun vaso e polo no microondas un minuto, despois sacalo e remexer ven, por a auga no prato e deixar nun sitio cálido durante cinco días. 
Resolución: Pasados os cinco días  a auga abrase evaporado e a sal quedou pegada no fondo  do prato    





 Experimentos de Catalina:














Hugo separando mesturas por filtración.


Brais optou por un coador...










O alumnado investiga sobre a educación ....

Deixovos aquí un pequeno traballo extra que  fixo  a  alumna Inés  Palomares González sobre a Educación en España no século XIX.
Un bo traballo no que  fai un sucinto repaso  pola primeira lei educactiva  importante  en España e que  supuxo  o  paso importante  á escolarización  xeral  dos  nenos e nenas  naquel tempo, deixando así atrás séculos oscuros de analfabetismo xeral e  onde  a educación estaba só ó alcance dos estamentos superiores.  Esto sería un indicativo  da substitución do Antigo Réxime  pola modernidade tralas  grandes revolucións sociais e industriais.