Deixovos aquí un enlace a unha das editoriais que pon a disposición do alumnado varias actividades de Lengua e Matemáticas ás que podedes acceder para complementar o que xa estades estudando ou ampliar.
Exercicios da Editorial Calesa propios para alumnado de Sexto. Clica aquí.
Se se quere repasar aspectos como a ortografía ou os signos de puntuación, deixovos tamén o enlace xeral a contidos de todos os niveis:
La calesa todos os niveis.
Páxinas para reforzo:
Lengua:
http://reglasdeortografia.com/testcomprension.html
Lingua:
http://replgalega5.webcindario.com/menu_general.htm
Matemáticas:
https://es.ixl.com/math/6-primaria
Máis informacón: Clica aquí.
lunes, 30 de marzo de 2020
Tarefas de Galego e de Lengua
Imos traballar uns días nos dosieres dos verbos de Lengua e de Galego.
Temos que estudar os verbos e facer exercicios para aprender os diferentes modos e tempos verbais.
GALEGO
Imos
traballar no Dosier de verbos
Estudar os verbos e
facer os exercicios 3, 5, 7, 9 e 11.
Para os que non tedes este dosier na
casa, podedes consultalo no Drive, na carpeta ESTUDAR NA CASA.
LENGUA CASTELLANA
No dosier de verbos, estudar
todos os verbos e facer os exercicios 10, 11, 12 e 13.
Como
igual algúns non tedes o dosier na casa, podedes consultalo no Drive,na Carpeta ESTUDAR
NA CASA.
viernes, 27 de marzo de 2020
Terceiro periodo de tarefas.
Viernes, 27 de marzo de 2020.
Bueno, imos inciciar o terceiro ciclo de confinamento, e de tarefas......
Imos empezar novos temas en todas a áreas, así que atentos aos videos... e
Tema 9 Matemáticas: A MEDIDA.: Deixovos un par de videos explicativos.... pero irei subindo mais ao longo da semana que ven, sobre as outras partes do tema.
Explicacións de Xosé. Video 1.
Video de Xosé explicando cómo pasamos á mesma medida.
Video máis amplo.
Tarefas:
Paxina 133 do libro, Apartado ¿Que sabes ya?: Copiar no caderno a escala cos tres tipos de medidas.Facer o exercicio 1.
Neste exercicio acordádevos que tedes que pasar todo á medida indicada e despois sumar as cantidades.
Páxina 135, Facer os problemas: 4.1, 4.2, 4.3 e o último do exercicio 4.
Explicacións sobre a voz activa/pasiva
Lengua: La voz activa/pasiva
Deixovos aquí dous videos que explican como pasaríamos da voz activa nunha oración á voz pasiva.Video de xosé.
Video máis amplo.
Exemplos:
Activa: Pasiva:
El director convocó la reunión----------------La reunión fue convocada por el director.
El alcalde ha entregado el premio-------------El premio ha sido entregado por el alcalde.
Lo que está en la oración activa como CD, pasa a sujeto en la oración pasiva.
Tarefas. As tarefas que tedes que facer están no libro esencial de Lengua. Exercicios 52 e 53 da páxina 42.
jueves, 26 de marzo de 2020
Algunhas tarefas de Ciencias
TAREFAS DE REFORZO DE SOCIAIS E NATURAIS
Pequen@s, deixovos a continuación algunhas tarefas de Naturais e Sociais, que podedes facer se rematastes os traballos e as demais tarefas postas.
Se clicades en cada asignatura iredes ao enderezo onde están aloxadas.
Tedes dúas opcións, imprimir os PDF, ou ben descargar o documento de word e rellenades no ordenador e gardádelo vós.
Non tedes que remitir estas tarefas nin subilas ó drive.
NATURAIS SOCIAIS
miércoles, 25 de marzo de 2020
Datos en tempo real
Pequen@s, deixovos aquí un enlace para que vexades en tempo real (según van incluíndo os datos os países), como vai a evolución do COVID-19, en todo o mundo.
Pinchade aqui.
A situación actual é complicada, pero estar ao corrente da información é algo moi importante.
Lembrade as indicacións que nos deron as autoridades....vós fostes dos primeiros en estudiar esto asi que estades ó tanto.
Ánimo, que xuntos e con sentidiño imos vencer a este bicho que nin siquiera é un ser vivo.
Pinchade aqui.
A situación actual é complicada, pero estar ao corrente da información é algo moi importante.
Lembrade as indicacións que nos deron as autoridades....vós fostes dos primeiros en estudiar esto asi que estades ó tanto.
Ánimo, que xuntos e con sentidiño imos vencer a este bicho que nin siquiera é un ser vivo.
NOVAS TAREFAS DE LENGUA E MATEMÁTICAS
Como vexo que algúns xa rematastes as tarefas que puxen o luns, deixovos aquí algunhas instruccións máis.
Tarefas para realizar nas libretas de Lengua e de Matemáticas.
MATEMÁTICAS. LIBRO ESENCIAL
a) Repasar os conceptos de proporcións, porcentaxes e escalas, Páxina 36
b) Facer os exercicios 75, 76, 77, 78, 79 e 80 da páxina 37.
LENGUA CASTELLANA. LIBRO ESENCIAL.
a) Estudiar a teoría dos predicados e os complementos, que aparecen nas páxinas 30, 31 3 32.
b) Facer os exercicios seguintes:
Páxina 40. Exercicios 38,39,40,41,e 42
Páxina 41. Exercicios: 43,44,45,46 e 47
Páxina 42. Exercicios: 78,49,50,52 e 53
lunes, 23 de marzo de 2020
Outras posibilidades para aprender....
Hoxe aínda que estemos nas nosas casas, afortunadamente estamos CONECTAD@S e temos acceso a moita información e a moitos canales que nos ofrecen oportunidades para aprender cousas.
Pero tamén temos que ser responsables no uso das redes, e xa sabedes que debemos ser precavidos nestes sentido.
Esta semana, desde o Canal de TV, Clan, estanse a dar unhas clasess online tódalas mañás, dentro dun proxecto de colaboración co Ministerio de Educación. Se tedes un momento, pode ser interesante seguilas porque nalgúns casos repasaránse conceptos e noutros casos, poden servir de explicación para cousas novas. Deixovos un horario de emisión.
Tamén vos deixo a continuación uns enlaces a páxinas onde podedes facer on line, exercicios de Matemáticas, por si rematades as tarefas que vos poñemos e queredes ampliar ou repasar.
Matemáticas, pincha aquí. https://es.ixl.com/math/6-primaria
Ánimo pequen@s
Bos días pequen@s, ánimo que estamos no bo camiño. Xa sei que nos botades de menos, que estos días son un pouco difíciles para vós e para nós, pero temos que seguir con estas accións porque é a mellor forma para vencer ao virus. Xa sei que é difícil ver como os vosos pais se van a traballar, que vós tedes que quedar na casa, que hai moita incertidumbre, pero tamén estou seguro de que todos, cada un coas pequeniñas accións que podemos facer, imos a darlle a volta a esta situación e pronto volveremos ás aulas, e imos volver máis fortes aínda. Ánimo.!!!!
Pinchade aquí para ver o video.
Deixovos outro video máis longo.
TAREFAS 23 de marzo de 2020
Superada a primeira semana, e a punto de que me acabedes de enviar os vosos traballos de Sociais e Naturais, deixovos aquí algunhas tarefas de Matemáticas e Língua para estos días. Como sei que sodes moi aplicados, segundo vaiades rematando, idesmo comunicando no correo electrónico, para que vos envíe algo máis.
As dúas últimas tarefas de Matemáticas son voluntarias. En todo caso, os que rematen as outras poden facelas. Son de ampliación.
As dúas últimas tarefas de Matemáticas son voluntarias. En todo caso, os que rematen as outras poden facelas. Son de ampliación.
viernes, 20 de marzo de 2020
Seguimos a aprender desde a casa
INFORMACIÓNS SOBRE TAREFAS
Como todos estes días temos que quedar na casa, pois teremos que aproveitar o tempo ao máximo para aprender, facer cousas e disfrutar da familia....
Deixovos un enlace a unha proposta de actividades para facer durante o tempo que nos dure este confinamento, que tamén tedes na páxina web do colexio.
Pincha en: #QuedaEnCasa
Sobre as tarefas que tedes que rematar, acordádevos de subir ao Drive os traballiños de Naturais e Sociais, ou enviádelos por correo electrónico ao correo da clase.
O luns deixareivos máis exercicios de Matemáticas e de Lingua.
martes, 17 de marzo de 2020
Seguimento do periodo sen clases
Pequenos e pequenas,
Estamos vivindo un momento histórico que ningún de nós viviu ate o momento. Vós sodes conscientes da situación que se produce a consecuencia da aparición do COVID-19 e dos seus efectos, porque fixestes un gran traballo investigando sobre elo.
De golpe cambiou a nosa forma de vida diara, vémonos obrigados a non poder asistir a clase, a quedar confinados nos nosos domicilios, a saír o indespensable, para evitar ou cando menos diminuír as posibilidades de contagio.
Ben, pois todo isto tamén o temos que utilizar para aprender, para facer un seguimento da situación, para ver cómo nos sentimos e cómo imos superando ésto cada día; e sería moi importante documentalo todo, e gardar dalgunha maneira esta experiencia que nos toca vivir. Hoxe temos moitas ferramentas para poder deixar constancia de cómo experimentamos esta situación de confinamento.
Para elo os profes pedimosvos que deixedes constancia de cómo vivides estes momentos, recollendoo nun pequeniño diario, que pode ser escrito ou gravado nun audio. Podedes gravar un pequeniño audio cada día, moi breve.
Tal e como vos conto no video que vos deixo neste enlace, pedímosvos que gravedes un pequeno audio cada día, onde deixedes constancia do que facedes, de como estructurades o tempo de estudo e de descanso, como se vive esta situación dentro do entorno, dificultades, estados de ánimo, colaboracións, anécdotas, etc.; todo aquilo que vós consideredes que debedes rexistrar.
Como no Colexio temos o proxecto de Radio na Escola, ésto poderíanos incorporalo despois ao proxecto, xa que é unha experiencia máis e moi importante. Así, xuntándoos todos, teríamos unha biblio-audio-contos.
Se queredes, podedes ir subindo os audios que gravedes, tipo podcast , ao DRIVE, gardádelo na carpeta PODCAST CASA. Así estas experiencias contadas, iremos incorporándoas ao proxecto de RAdio na Escola, e despois todos poderemos compartilo.
Os que optedes por rexistralo por escrito, facedes un pequeno diario que cada un poderá ler voluntariamente no retorno ás aulas. Prucurade aplicar todas aquelas normas ortográficas, de puntuación e de expresión que tedes aprendido.
Instruccións e tarefas de Inglés
Instruccións da profe de Inglés.
English 6
EP
Ola
nenas e nenos,
Ademáis
das fichas que iredes facendo en Liveworksheets.com tamén podedes acceder á páxina de recursos no
blogue de aula:
SKILLS
BLOG – Recursos para 6º
Game: https://elt.oup.com/student/oupeprimary/gameszone/levels_5_6/treasure-hunt?cc=global&selLanguage=en
A
medida que vaiades facendo as actividades
(elixiredes duas ou tres
diariamente para repasar os temas que levamos dado ), podedes enviarmas ou, se non é posible, facer
unha copia da pantalla e enviarma coma unha foto.
Se
tendes algunha dúbida, consultádeme,
please!
O
novo correo para comunicarvos comigo é:
Eu poñereime en contacto convosco a través do
correo
Carmen
lunes, 16 de marzo de 2020
Información esencial sobre CD e CI
Complemento Directo e Indirecto
Deixovos aquí uns enlaces a videos que explican moi ben os CD e CI e que complementan a información que vos deixei nas tarefas.
Picade no enlace de cada un.
Videos explicativos sobre os complementos verbais.
Como reconocer el CD en una oración
Como reconocer el CI en una oración.
Como diferenciar el CD del CI
Mapas conceptuais:
Novas de Inglés
Pequen@s,
A profe de Inglés, deixouvos un recado no correo electrónico sobre as actividades para estes días, que eu vos deixo aquí no blog por si alguén non pode acceder ao correo do grupo.
A profe de Inglés, deixouvos un recado no correo electrónico sobre as actividades para estes días, que eu vos deixo aquí no blog por si alguén non pode acceder ao correo do grupo.
Hi kids,
I´m going to send you the activities that you should do during
this week.
You can scan or take a photo when you finish and I
will review them.
Those who do not have an email address can send them to me from their parents'.
I have changed the address so as not to collapse the
library mail.
The new email is:
-------
Ola nenxs,
Vou enviar as actividades que faredes durante esta semana.
Vou enviar as actividades que faredes durante esta semana.
Podedes enviarmas
coma un documento adxunto, escanealas ou facerlles unha foto . Eu
revisareinas e direivos se hai algo que corrixir.
Xs que non teñades correo, podedes empregar o dos vosos pais.
Cambiei a direción para que non se colapsara o correo da biblio.
Xs que non teñades correo, podedes empregar o dos vosos pais.
Cambiei a direción para que non se colapsara o correo da biblio.
A nova é
inglessacoearce@gmail.com
inglessacoearce@gmail.com
Xa sabedes, a estudiar inglés tamén. |
Indicacións para o estudo na casa.
Indicacións para a
realización de tarefas durante este período
sen clases.
6º de
Primaria.
Alumn@s de 6º:
Ao longo deste
días que tedes que quedar nas vosas
casas, mentres non volve haber clase,
ides ter tempo para facer moitas cousas, pero non podedes perder
o ritmo de estudo que viñades mantendo.
É importante que
manteñades unhas rutinas cada día, moi
similares a se estiverades no colexio. Debedes marcarvos un horario para cada día, e erguerse á mesma hora, non cando a un lle apeteza.... senón
aproveitar o tempo.




Outra
recomendación que vos fago é que fagades un planing para cada día e
anotedes o que facedes, unha especie de axenda onde apuntedes o
que estudiades cada día, e por asignaturas.
É importante facer as tarefas,
pero tamén é moi importante estudar
tódolos días e de forma planificada.
Debemos aproveitar o tempo
para ler, para estudar, para xogar, para
investigar, etc. , ides ter tempo para
todo pero teredes que adicar alomenos unha hora diaria á
lectura.
Seguro que en casa tedes algún libro de lectura, de
aventuras, algunha novela adaptada,.... ou mesmo ler nos libros de
sociais, especialmente os temas de historia.
Eu ireivos
colocando no DRIVE, nunha carpeta
que terá de nome: Estudar na casa, as tarefas que teñades que facer.
Tanto no blog coma no DRIVE, ireivos colocando cada
semana as tarefas a facer durante a mesma,
en cada unha das áreas.
No blog tamén hai unha pestana que ten ese nome e ahí colocarei as tarefas e
explicacións.:
Estas tarefas que se realicen na casa
durante este tempo, revisaranse e valorararémolas á volta ás
clases, e teranse en conta para a terceira avaliación.
Toén, 16
de marzo de 2020.
sábado, 14 de marzo de 2020
miércoles, 11 de marzo de 2020
Estudiamos o Coronavirus
Estes días estivemos traballando sobre o COVID-19, o famoso coronavirus que xa lema máis de 100.000 persoas infectadas en todo o mundo e que está producir unha psicose terrible na poboación..
Deixámosvos aquí algúns un enlace aos traballos que fixemos e presentamos na claes...
Deixámosvos aquí algúns un enlace aos traballos que fixemos e presentamos na claes...
martes, 10 de marzo de 2020
Celebramos o día Internacional da Muller
Ainda que hai dous foi o Día Internacional da Muller, nós celebrámolo hoxe, e estivemos preparando diferentes esculturas con materiais reciclados onde colocamos datos de mulleres galegas importantes en diversos eidos: cultura, deporte, ciencia, artes, ......
lunes, 9 de marzo de 2020
Estudiamos Europa
OS CLIMAS DE EUROPA
|
Temperaturas
|
Precipitacións
|
Localización
|
Vexetación
|
OCEÁNICO
|
Suaves todo o
ano. Invernos e veráns suaves
|
Constantes
aínda que no verán diminúen
|
Noroeste do
continente.
|
No Oeste de
Europa, encontramos árbores caducifolias (carballos,
faias,..)
Na costa destaca a landa, arbustos e
matogueiras.
|
CONTINENTAL
|
Temperatura
extremas. Moito frío nos longos invernos e moito calor nos curtos veráns.
|
Escasas.
Máis habituais
en primavera e outono
|
Centro-Europa
e maioritariamente en Rusia
|
No centro e
leste de Europa, praderías e estepas.
No norte a taiga, con bosques de piñeiros e
abetos.
|
MEDITERRÁNEO
|
Invernos
suaves e veráns cálidos
|
Escasas e irregulares
En ocasións
son torrenciais
|
Sureste de
España, Sur de Francia, Italia, Balcanes, Grecia,…
|
No sur do
continente, matogueiras, arbustos, árbores de folla perenne (aciñeira,
sobreira e piñeiro)
|
POLAR
|
Temperaturas
baixas todo o ano. Extremas en frío.
|
Moi escasas
e en forma de neve
|
Norte dos
países escandinavos, Islandia e a
Siberia rusa.
|
Predomina a
tundra: musgos e líquens.
Ausencia de
árbores.
|
ALTA MONTAÑA
|
Invernos fríos
e veráns frescos
|
Neve no
inverno e chuvia no verán.
Frecuentes trebodas
|
Sistemas
montañosos: Zonas Pirineos, Alpes, Cáucaso, Montes Escandinavos, Urales.
|
Bosques sobre todo de abetos e prados extensos.
|
SUBTROPICAL
|
Suaves todo o
ano
|
Moi escasas.
Ocasionalmente torrenciais
|
Illas
Canarias.
|
Especies
autóctonas como o piñeiro canario e o drago.
|
A
vexetación é un dos elementos mais determinantes da paixase. E o tipo de
vexetación virá determinado pola humidade, as horas de luz e a altitude.
Así,
nun determinado lugar crecerán
determinadas plantas en función da humidade que
haxa, da altitude en que se encontré e
das horas de luz que haxa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)