viernes, 3 de abril de 2020

AXENDA 2030 e os ODS

 QUÉ PODEMOS FACER PARA TER UN  PLANETA MELLOR?

 O 25 de setembro de  2015,  os dirixentes de 193 países do mundo comprometéronse na  ONU, a  acadar  en 2030  17 obxectivos en relación a mellorar as condicións de vida  no noso Planeta. 

presentation image of children holding signs of each of the 17 development goals


Con estes obxectivos preténdese  acadar a igualdade entre as persoas, protexer o Planeta e  asegurar a prosperidade.
É unha especie de contrato social  que  ten como finalidade que ningúen se quede atrás e isto implícanos a todos, tanto a nivel individual como  colectivo. Cada un desde a súa pequeniña parcela de súa vida pode contribuir a mellorar o que temos para acadar eses 17 obxectivos.

E claro que imos a facer..... pero antes, deixovos  un pequeniño video sobre  estes obxectivos e un enlace á páxina da ONU onde  tedes  toda a información que precisades para coñecer ben en qué consiste esta AXENDA 2030.


Ver video.

 Como sabedes,  no colexio estamos traballando estes temas desde o noso proxecto de centro, pero  agora  queriamos vincular estes ODS coa poesía e coa arte. Así que vos lanzo un reto:

RETO:  Elaborar un pequeno poemario  ou tamén un pequeno video rapeando estes poemas que  escribamos,   sobre  dous dos obxectivos que  nos tocou á nosa clase: 

Obxectivo 3: Saúde e Benestar

Obxectivo 17: Alianzas para lograr os obxectivos.

Por qué  son importantes a Saúde e o Benestar?

 Por qué son imporantes as alianzas?

Xá sei que  estades liados con moitas cousas, pero un bo estudante  é un estudante crítico, comprometido, implicado, con  iniciativas, capaz de  sorprender aos  demáis con accións positivas e colaborativas que  axuden  a mellorar a calidade de vida do mundo en xeral. 

Como estamos a comprobar estes días con esta pandemia, non estamos no mundo aislados, senón que  formamos parte dun  mundo cada vez máis globalizado, que interactúa  cada vez máis, onde  cada día aparecen cousas novas que  atentan contra o noso benestar, e  nós, como  axentes críticos, temos moito que aportar para  mellorar a situación. 

Podemos asociarnos, propor  accións ás  autoridades,  apoiar ás  asociacións que  traballan polo desenvolvemento,.... a nosa visión é moi importante, porque  é a nosa, e  se non a expoñemos ninguén a vai a coñecer, e  temos  moitas ideas boas que  compartir cos demais.

 Deixovos o enlace a un video rapero que  fixeron un grupo de  xóvenes de Madrid sobre a  Axenda 2030.

  "A formiga,  por ela sola  pode  facer pouco, pero  todas unidas  teñen unha  grande forza".

O que  vaiades facendo xa mo ides enviando, despois xa  vemos coa Teacher como  facemos a montaxe.

Ánimo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario