jueves, 2 de abril de 2020

O sistema sexagesimal

O sistema sexagesimal.


Imos ver agora outro tipo de medidas..... o sistema sexagesimal. Que  utilizamos para medir o TEMPO e  os ÁNGULOS.  

Neste sistema, cada unidade é  60 veces máis grande  ca  inmediatemente inferior  e  60 veces máis pequena ca  seguinte superior.   

Así, o elemento multiplicador ou divisor é 60.

Desta maneira, dicimos que  unha hora ten 60 minutos e un minuto ten 60 segundos. polo tanto, 1 hora tería  3600 segundos que resultaría de multiplicar 60x60.


E o mesmo pasa cos  graos (º), minutos (') e  segundos ('') dos ángulos. Un grao terá 60 minutos e  un  minuto terá 60 segundos; polo tanto, un grao terá  3600 segundos.


Ben,  na seguinte imaxe podedes ver a escala de equivalencias.




E a continuación, deixovos uns pequenos videos con explicacións sobre este concepto.


Video de Xosé. Clica aquí.

 

 Video 2


Video 3

 

Sumas  en el sistema sexagesimal.

 

Restas en el sistema sexagesimal.

 

 A continuación,  deixovos  alguns exercicios do libro para  facer. Facede os que  aparecen marcados con un puntiño  ó lado. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario