martes, 14 de abril de 2020

Iniciamos o terceiro trimestre

Novas tarefas para un novo trimestre. 14/04/2020

Ben, imos  a continuar coa adquisición de competencias  e  estamos dispostos de novo a aprender a aprender..... Deixovos a continuación algunhas explicacións de  Matemáticas, Sociais e  Linguas, e  unha serie de actividades a realizar nos próximos días.

MATEMÁTICAS

Tema 9:  La superficie
1.   Ver o video:https://youtu.be/iCK73xHXODU

Video complementario.


2.   Facede os exercicios que están punteados nas seguintes páxinas. Fixádevos nas escalas  para  pasar de unhas medidas a outras.




3. Tarefa de investigación: Saber máis.
Debedes buscar  información acerca das unidades de medida lineal e de superficie que  utilizan  nos países anglosaxóns; e establecer as equivalencias co sistema métrico decimal, expresando cada unha en  metros. Facedes un pequeniño esquema e  enviádesmo por correo electrónico.
Podedes utilizar unha táboa deste tipo:

Unidades de medida anglosaxoas.
Unidades de medida lineal
Equivalencia en metros
Unidades de medida de superficie
Equivalencia en metros.
1 polgada

1 polgada cadrada














***En canto rematedes estes exercicios xa vos  enviarei máis por  mail.
   
SOCIAIS.. TEMA 2: A IDADE CONTEMPORÁNEA.

Imos ver o tema  2, sobre  A Idade Contemporánea e o século XIX en España.
-Lemos o tema  polo libro e  o Powerpoint que  vos envío por correo  electrónico.
-Ver este blog se  queredes buscar  máis información:   -Blog complementario.
-Mirade os  vídeos que vos deixo nos enlaces, tanto aquí coma no blog.

Video de Xosé: A idade contemporánea


Vídeos sobre o Século XIX


 
-Despois faremos os seguintes traballos  que teredes que entregarme como moi tarde  o 30 de  abril. Que sexan breves, concisos e  que  inclúan o fundamental.

Traballo 1:
A revolución Francesa:
1.   Data e causas.
2.   Ideas sobre as que se  asenta. A Ilustración.
3.   Principios e  obxectivos que se perseguían coa revolución.
4.   Principais ilustrados desa época que  preconizaban esas ideas.
5.   Que cambios políticos e sociais supuxo esta revolución para Francia.
6.   Bibliografía/webgrafía.

Traballo 2.:  A  Revolución Industrial
a)   Onde, cando e como xurdiu.
b)   Que cambios trouxo para o campo e as cidades.
c)   Cales foron os principais cambios sociais e económicos que  se produciron  na sociedade con  esta revolución.
d)   Bibliografía/webgrafía.

Traballo 3: O século XIX en España.
1.   A cultura e a  arte no século XIX
2.   A sociedade no século XIX.
3.   A España no século XIX
4.   Bibliografía/webgrafía.

LINGUA GALEGA
Mirade o vídeo que  vos  deixo no blog, e  repasade  esta páxina.

Exercicios:
1.     Clasifica as seguintes oracións en simples ou compostas e  segundo a intención do falante.

·      Cando saias, apaga a luz do teu cuarto
·      Os xogadores acabaron esgotados
·      Carme escolleu un libro de aventuras.
·      Cando che contou iso Andrés?
·      Non esperei por el porque xa era tarde
·      Se o queres, tes que encargalo na tenda.
·      Oxalá  atope  o camiño!

2.     Transforma  estas oracións activas en pasivas.

§  O concello rehabilitou o vello teatro.
§  Declararon  inocente o acusado.
§  Apagaron o lume os bombeiros de Lugo
§  O rapaz comeu toda a merenda.

3.      Indica  de que tipo son as  seguintes oracións segundo a intención do falante.

·      Garda o material no seu lugar.
·      Canto ma alegrou a súa visita!
·      Talvez che caeran as chaves no coche
·      Hoxe non tiña pensado ir á piscina.

4.     Pasa as seguintes oracións á  voz activa.
a)     A noticia foi publicada por todos os xornais.
b)    Aquela cova foi descuberta polo veciño Xan.
c)     As probas  serán superadas por todos os alumnos.


 Facede estes exercicios, que  tedes no dosier de Ampliación de Galego.



 











2 comentarios: