Recitado de poemas.
Imos elaborar un pequeno video de recitado de poemas sobre a Saúde e os ODS, e para elo imos basearnos nos seguintes poemas:
Poemas
sobre saúde e os ODS
En tempos de pandemia
(Kitty O’Meara, 2020)
A xente quedouse na casa.
Leu libros e escoitou.
Descansou e
exercitose.
Fixo arte e xogou.
Aprendeu novas formas de ser.
E de facer.
E detúvose….
E escoitou máis profundamente…
Algún meditaba.
Outro rezaba,
Outro bailaba..
Algún ata se encontrou
Coa súa propia sombra.
E a xente empezou a pensar
De forma diferente…
E a xente curouse.
E en ausencia de persoas
Que viven de maneira ignorante.
Perigosos....
Sen sentido e sen corazón,
Incluso a Terra empezou a sanar....
E cando o perigo terminou,
E a xente se encontrou de novo...
Choraron polos mortos
E tomaron novas decisións,
E soñaron novas visións,
E crearon novas formas de vida...
E sanaron a Terra completamente...
Tal e como eles foron
curados.
(Tradución de Xosé Raposo)
A
saúde e o benestar (adaptado
de
Javier
R. Cinacchi)
A saúde é un gran tesouro sen igual,
Que en todo momento temos que coidar.
Se a descoidas como á flor do rosal
No teu benestar has de quedar.
Nen prata nen ouro nen xoias,
Poderán de tal forma restaurala
Se non somos nós quen de coidala.
Aínda que sempre está a esperanza
De volver a recuperala,
Mellor coidar esta riqueza
Que pasar angustias por perdela.
(Adaptada por Xosé Raposo)
Non
hai opción, senón un camiño a seguir!
(adaptado
de
Javier
R. Cinacchi)
Que cousas podería facer unha persona?
A vida é bonita
aínda que as veces pasen cousas....
Sempre se poderá
facer algo bo....
Pensa, vive, crea, comparte, ama, protexe....
Organízate, axuda, colabora, comprométete!!!!
Ou incluso un sano disfrute,
Escoita, degusta, mira, sinte, toca,....
Ule, interactúa, aprende....
De todas as formas posibles.
Nunca antes o de todos foi tan importante e necesario.
Veña o malo que veña
Todos podemos obrar con cabeza,
En lugar de enfados, choros e outros....
Disfrutaremos máis con menos problemas.
Xuntos faremos o camiño,
Iremos todos da mán
pola senda o futuro
Para poder contarlles aos netos
Que nuns tempos moi lonxanos
Fomos quen de
superarnos!!!!
(Adaptación
de Xosé Raposo Gallego)
En canto teñamos os vídeos xa os iremos compartindo....
No hay comentarios:
Publicar un comentario